PRAZOS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO NOVO

 Queridas familias:

ENTRE O 1 E O 20 DE MARZO COMEZA O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN. SEGUNDO A LEXISLACIÓN PUBLICADA INFORMÁMOSVOS QUE PODEDES PEDIR CITA PREVIA PARA REALIZAR O PROCESO DE SOLICITUDE DE PRAZA NO TELÉFONO 981617130.

NO PORTAL DA XUNTA PODEDES ATOPAR ESTA INFORMACIÓN:

  • Admisión: do 1 ao 20 de marzo de cada ano, ambos incluídos. A solicitude preferiblemente cubrirase na aplicación admisionalumnado e presentarase en Sede Electrónica ou, de forma presencial, no centro escollido en primeiro lugar

    No caso da reserva ou da admisión, cando o último día do prazo sexa non lectivo prorrogarase ata o primeiro día lectivo inmediato seguinte. A solicitude poderá entregarse en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado

  • Documentación:
  • Copia do DNI da persoa solicitantes e dos membros da unidade familiar (cando non autorice a súa consulta)
  • Copia do libro de familia.
  • Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo.
BAREMO:

Se o número de solicitudes é superior ao de prazas dispoñibles, aplicaranse os seguintes criterios:

  • Existencia de irmás ou irmáns matriculadas/os no centro: 8 puntos polo primeira/o e 2 puntos por cada unha/un dos restantes
  • Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro: 3 puntos
  • Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo dos proxenitores ou titores: ata 6 puntos
  • Renda anual per cápita da unidade familiar, respecto ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM): ata 3 puntos
  • Condición de familia numerosa: ata 3 puntos
  • Condición de familia monoparental: 2 puntos
  • Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en calquera dos seus proxenitores, titores, irmás ou irmáns: ata 4 puntos
  • Expediente académico do alumnado, só no caso de ensinanzas de bacharelato: ata 2 puntos
  • Criterio establecido por cada centro educativo, que deberá ser publicado coa suficiente antelación ao inicio do proceso de admisión: 1 punto
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES:
  • Provisional: Cada centro publicará as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído para cada curso, por orde da puntuación total obtida, antes do 25 de abril de cada ano. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación
  • Definitiva: Unha vez resoltas as reclamacións, os centros publicarán as listaxes definitivas antes do 15 de maio

    As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumnado

MATRÍCULA:

O alumnado admitido formalizará a súa matrícula no centro educativo correspondente, nos seguintes prazos:

  • Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
  • Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: prazo ordinario do 25 de xuño ao 10 de xullo; prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro.