O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
blogue deluisseoane |
Esta semana realizaremos o proxecto ENKI (https://www.enkiproyecto.com/)no noso cole cun percorrido inclusivo e divertido: - mércores 29 de maio: 4º e 5º de Infantil (percorrido dentro do cole) - xoves 30 de maio: 6º de EI e 2º de EP (de 10:00h. A 11.15h.) ata a Capela de Santa Ana, polo paseo do Balcón de Maianca. - venres 31 de maio: 3º,4º, 5ºe 6º de EP (de 12.00 h. a 14:00 h.) desde o colexio, paseo do Balcón de Maianca, ata a praza Miramar. O alumnado poderá vir cun complemento de disfrace como perruca, capa...para facer deste día unha xornada divertida de convivencia.
Agradecemos moito o apoio de Froiz e especialmente a Vegalsa que amosou estar encantado de poder participar con nós neste percorrido inclusivo e colaborará aportando auga e froita para todos e repoñer forzas. Moitísimas grazas! (Actividade suxeita ás condicións meteorolóxicas)
|
|||
Como cada ano a ANPA vai organizar unha festa de "Fin de Curso", será o día 20 de xuño de 2024 pola tarde. O alumnado deberá ir acompañado dun adulto, confirmar a asistencia e recoller a pulseira. Aquí deixamos a nota informativa. Apuntádevos!
As fotos grupais que fai a ANPA cada curso, este ano serán: o xoves 30 de 3º a 6º de EP; e o venres 31, Infantil, 1º e 2º de EP |
|||
DESTINATARIOS Axudas adquisición libros de texto
Axudas adquisición material escolar
- O alumnado de 6ºEI que pase a 1º de EP, poderá solicitalo nos prazos indicados.
|
|||
Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado ADMITIDO para o curso 2024/25
As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da aplicación admisión alumnado coa Chave 365 ou DNI electrónico (Lei de Protección de datos).
O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora.
Estade moi pendentes á publicación de novas nesta páxina web as familias das nenas e nenos admitidos, polas actividades de acollida que desde o Departamento de Orientación se farán no mes de xuño.
|
|||
Desde o Servizo de Asistencia Técnica da Igualdade do Concello de Oleiros (SATICO), realizarase o luns 13 de maio un obradoiro dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria arredor das violencias LGTBIfóbicas. Ademais, ese mesmo día, instalarase no cole un "PUNTO ARCOIRIS", como punto de sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero e para a prevención e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas. Podedes acceder a máis información nas imaxes:
|
|||
O luns realizamos o obradoiro dirixido a nais, pais e persoal docente coa doutora Carol Strate "Educación sexual integral". Agradecemos moito a vosa asistencia e esperamos que fose proveitosa. Desde o Departamento de Orientación, promotor desta actividade, e coa finalidade de valorar e recoller propostas para vindeiros encontros coas familias, aquí tedes o enlace ao Blog do DO onde atoparedes unha enquisa de valoración. |
|||
Desde o Equipo de Convivencia e Benestar Emocional e o Departamento de Orientación, queremos invitarvos, ás nais e pais, xunto co profesorado do centro, a asistir ao obradoiro "Educación sexual en familia" dirixido pola Doutora Carol Strate, xinecóloga e sexóloga, que terá lugar no colexio o LUNS 6 DE MAIO ÁS 17:30 H. Aquí deixamos o enlace ao Blog do Departamento de Orientación, desde onde podedes acceder a máis información e, para garantir unha mellor organización, un formulario de inscrición. Gustaríanos moitísimo contar coa vosa asistencia! Blog do Departamento de Orientación e formulario de inscrición (Este obradoiro está dirixido ás familias e profesorado, as nenas e nenos NON poderán asistir nen estar sós nas instalacións do colexio) |
|||
Publicadas as LISTAXES PROVISIONAISdo proceso de admisión do alumnado para o curso 2024-2025. Pódense consultar a través da aplicación admisionalumnado, mediante Chave 365 e certificado dixital ou ben no taboleiro de anuncios do interior do centro.A partir de hoxe, ábrese un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.
Publicación de LISTAXES DEFINITIVAS: 15 de maio |
|||
O MARTES 7 DE MAIO (se o tempo acompaña), conmemoraremos no noso cole o DÍA DA CIENCIA coas "Olimpíadas científicas", onde as nosas nenas e nenos amosarán os proxectos científicos que desenvolveron nas aulas e nos grupos de traballo durante este curso. Haberá proxectos artísticos, químicos, matemáticos, botánicos, de enxeñería... e poderedes ver ás vosas nenas e nenos explicarvos o seu desenvolvemento, uso e proceso de creación no que participaron.
Será un día de festa e queremos que participedes nel asistindo polo que haberá tres quendas a elixir. Para iso, tedes que facer a inscrición nun formulario onde deberedes:
PODEDES INSCRIBIRVOS ATA O 1 DE MAIO.
|
|||
FASE DE BAREMACIÓN Unha vez realizado o baremo do alumnado que non obtivo asignación de praza no procedemento de admisión, pódense consultar as listaxes coas puntuacións a través da aplicación admisionalumnado, mediante Chave 365 ou certificado dixital, ou ben na secretaría do centro, logo de acreditar a súa identidade e asinar un compromiso de confidencialidade (Art. 35.5 da Orde do 21-10-22 de admision do alumnado). As listaxes provisionais publicaranse o 25 de abril. |
|||