QUEN SOMOS |
AULAS VIRTUAIS 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
|
|||
No Consello Escolar elexíronse como días non lectivos, pendentes de aprobación por parte da Xefatura Territorial, no curso 2023/24:
|
|||
Lembramos que ata o 20 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas axudas ao alumnado con NEAE. Tedes enlace a toda a información no panel da esquerda. Podedes pedir cita previa coa Orientadora, se o precisades, chamando ao teléfono co colexio. |
|||
O alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA que se incorpora ao noso centro por primeira vez neste curso, está invitado a coñecer as instalacións do cole o XOVES 7 de setembro ás 11:00 h, previo ao inicio das clases o luns 11.
O alumnado de 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL de nova incorporación, desde a titorías poñeranse en contacto con vós telefonicamente para concertar a visita do cole antes do inicio das clases.
|
|||
LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024Para descargar os arquivos, preme no enlace:
LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024 Podedes acceder ás listaxes premendo no enlace. IMPORTANTE: os libros de 3º e 4º EP para alumnado beneficiario do fondo solidario de libros de texto serán repartidos o LUNS 11 DE SETEMBRO DE 16:00 A 17:00 horas, nas aulas correspondentes. Os cursos de 5º e 6º de E.Primaria non teñen libros de texto por estar adheridos ao Programa EDIXGAL.
REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO (A asistencia ás reunións será sen nenas nen nenos)
- Xoves 7 de setembro, ás 11 h - Luns 25 de setembro, ás 16:30
( Non poderá haber alumnado sen supervisión no colexio durante a realización destas reunións) INFORMACIÓN DA ANPA HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS NA PRIMEIRA SEMANA DE CLASE
|
|||
Do 1 ao 30 de agosto de 2023 podedes facer a reserva das vosas fillas e fillos como usuarios do comedor para o curso 2023/24. No tríptico informativo de Jardanay tedes toda a información para facer a inscrición a través da súa páxina ( https://jardanay.es/ ). Toda a información está no blog da ANPA, onde tamén atoparedes a información das actividades extraescolares para o curso 2023/24.
|
|||
As listaxes poden consultarse na Aplicación "fondolibros", mediante a Chave 365, ou no taboleiro de anuncios do centro. *Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes. Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 4 de xullo Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 5 e 6 de xullo Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo Entrega de vales: do 10 ao 14 de xullo de 9 a 14 horas
Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro. A listaxe de libros de texto para o curso 2023/24 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web. Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro
|
|||
Datas de reunións coas familias
Lugar: sala de Usos Múltiples do 1º andar do edificio de Primaria ( Dado os contidos a tratar, asistencia sen os rapaces a estas reunións) (Información na Web do DO)
|
|||
Aquí podedes ver o cartel da festa da ANPA para o xoves 15 de xuño. |
|||
Comezamos no colexio as actividades de acollida do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil o curso 2023/24: "Benvidos ao cole" O xoves 15 de xuño de 12:15 a 13:15 horas faremos unha xornada de convivencia no cole á que están convidadas as nenas e nenos que virán o curso que vén a 4º de Educación Infantil acompañados dun adulto (limitamos esta visita a un só adulto por nena/o).
"Xuntanza de acollida ás familias 4º E.I." Desde o Departamento de Orientación, en coordinación co Equipo Docente de E.I, convidamos ás familias a unha reunión o martes 27 de xuño ás 12:00 horas na sala de Usos Múltiples do 1º andar no edificio de Primaria ( esta vez sen as nenas/os). Para máis información premede AQUÍ.
(Para a formalización da matrícula o prazo é do 20 ao 30 de xuño e a secretaría do centro poñerase en contacto telefónico coas familias das nenas e nenos admitidos). |
|||
