Iniciar sesión: Acceso

ISTO FIXEMOS NOS ÚLTIMOS DÍAS

BOAS DE NOVO FAMILIAS!

Por aquí vos deixo algunhas fotiños das propostas que estivemos levando a cabo na aula estes últimos días. É marabilloso o rápido que aprenden estas nenas a estes nenos!Selado

Continuamos traballando o nome propio, e unha das propostas foi atopar as letras que forman parte dos nomes de todas/os de entre unhas boliñas de xel. Desfrutaron moito experimentado con esta textura e buscando e rebuscando letras.

Outra proposta consistitu en reproducir diferentes trazos sobre sal tintada empregando un pincel ou o dedo.

Convertémonos en cociñeiras/os e prepraramos unha sopa de outono boísima! Para isto, tiramos o dado das cantidades e o dos ingredientes, e puxemos no prato tantos alimentos como nos indicou o dado.

Xa avanzamos moito no conteo, asi que esta proposta tampouco se nos resistiu. Consistía en lanzar un dado e colocar, empregando unha pinza, tantos pompóns como se nos indicaba. Estas manciñas xa van collendo forza!!!!Guay

No día a día xogamos moito cos sons das letras e xa identificamos moitos deles. Nesta actividade continuamos practicando, pois consistía en identificar as palabras que comezaban co son que se indicaba e, unha vez localizadas, poñíamoslles unha pinza. Ademais, xa imos recoñecendo algunha que outra grafía.

Para ir rematando, amosámosvos como imos perfeccionando a escrita do nome. Como vedes, require de moitísima concentración!!!!

E xa por último, fixemos a nosa primeira toma de contacto co punzón na aula. A proposta consistiu en picar unha foto da nosa cariña para despois montala a modo de "puzzle" sobre unha cartolina. Isto supuxo moitísima coordinación ollo-man e moita precisión para picar por enriba das liñas (aínda que tamén quixemos probar a picar libremente Canso).

ATA A PRÓXIMA!