Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS APRENDENDO

   Rematamos outra semana na que celebramos o día da familia falando da diversidade familiar a través do conto "Con Tango son tres" e creando un mini mundo de pingüíns con familias diferentes. Ademais elaboramos uns ramos de flores reciclando oveiras, quedaron fermosos!!

  Tamén continuamos co noso proxecto do mundo mariño coñecendo animais que viven nel como o calamar, o cangrexo ou o golfiño e seguimos elaborando o noso lapbook, nesta ocasión coas partes do piexe.

   A semana que ven máis sorpresas!!!