Iniciar sesión: Acceso

NOVAS ACTIVIDADES

   Esta semana levamos a cabo actividades moi variadas:

 Traballamos a conciencia fonolóxica identificando a letra inicial de varias imaxes e gardándoas no seu caixonciño correspondente. Ademais os nenos e nenas de 5 anos tiñan que buscar a minúscula desa letra, o cal xa traballáramos noutra actividade previa ao buscar a minúscula de cada letra do abecedario.

  Nesta ocasión toucolles aos maiores xogar á caza de moscas, cantas cazaron!

  Tamén traballamos a orientación espacial cun xogo de mesa e as sumas de primavera poñendo tantos puntiños na xoaniña como nos indicaba o dado e logo contando cantos tiña en total.

  Pintamos un pequeno ovo de forma libre e en música tocamos instrumentos como as claves, a caixa china, o triángulo, os cascabeis o ou carillón.

  Para celebrar o día mundial da saúde que tivo lugar o xoves 7 de abril fixemos zume de laranxa que tomamos na merenda, que rico!!!

  E o venres tivemos robótica con Codi, a nosa nova oruga; Qobo e Doc. Ademais fixemos unha búsqueda de ovos de chocolate pola clase xogando ao xogo de quente e frío, co tamén traballamos a orientación espacial.

  Vémonos á volta de vacacións!!!