FELICITACIÓN DE NADAL

AGRADEMENTO A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Dende o CEIP Infante Felipe de Borbón queremos felicitar a toda a comunidade educativa polo éxito acadado no cumplimento do protocolo Covid.

En primeiro lugar gustaríanos felicitar e dar un inmenso aplauso  ás nenas e nenos que tiveron que soportar máscaras, frío nas aulas, merendas de pé e con distancia, espazos delimitados, non poder  disfrutar dos seus xogos favoritos, confinamentos… e todo dun xeito exemplar.

En segundo lugar agradecer a responsabilidade das  familias que ante a aparición de calquera síntoma sospeitoso deixaron aos seus fillos/as na casa para non arriscar a saúde do resto do alumnado, e somos conscientes do esforzo no ámbito familiar e laboral que iso supuxo.

Tamén queremos agradecer o  traballo que levou a cabo o persoal de limpeza que polas tardes se esforzou en deixar todo preparado para o día seguinte e polas mañás fixo o imposible por evitar contaxios polas superficies de contacto.

Tampouco podemos esquecer o traballo da bedel, que colaborou en todo o preciso para asegurar o bo funcionamento do centro; así como a administrativa que sempre está disposta a realizar a tarefa que cumpra para axudar, incluso ao equipo Covid cando é preciso.

Foi tamén moi importante o traballo dos servizos complementarios (aula matinal, comedor e transporte) que cumpliron o protocolo dun xeito excelente.

Por último felicitar ao profesorado xa que acadou o obxectivo de evitar a transmisión dentro do centro a pesar de ter algún positivo nalgunha aula.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO PARA A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O pasado venres, 13 de novembro a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a Orde que regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta Consellería.

Para saber o alumnado que será beneficiario podedes consultar o resumo de dita orde no anexo correspondente.

O centro establece un horario para a distribución das mesmas entre as familias, agradecendo que no momento de acceso ao centro manteñamos as medidas de seguridade oportunas.

Para calquera dúbida podedes contactar co centro no seguinte teléfono:

886 110 716

COMEZO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A partir de mañá, día 1 de outubro, darán comezo as actividades extraescolares xestionadas pola ANPA A Lagoa. Podedes consultar a oferta de ditas actividades no apartado da ANPA.

ANTES DE IR AO COLE...

ANTES DE IR AO COLE...

FAMILIAS CON ALUMNADO EN DIFERENTES HORARIOS DE ENTRADAS/SAÍDAS

As familias con  fillos/-as en diferentes horarios de entrada facilitámosvos dúas posibilidades:

ENTRADA:

- Entrar no turno asignado ao seu grupo, sempre que sexa posible.

- Irmáns escolarizados en diferentes cursos de Ed. Primaria: posibilidade de entrar no turno do que entre máis tarde.

- Irmáns escolarizados en Ed. Infantil e Ed. Primaria: poderán acceder ambos pola cancela de Infantil NO HORARIO ASIGNADO AO ALUMNO DE INFANTIL(independientemente do horario asignado ao alumnado de Primaria). Neste caso, os irmáns de Primaria accederán ao seu edificio facendo o percorrido por detrás do edificio de Primaria (o alumnado de 1º de Ed. Primaria poderá facer dito percorrido acompañado dun proxenitor).

Nas aulas sempre estará para recibilos os mestres/-as que teñan docencia na 1ª sesión.

 

SAÍDA:

- O alumnado será recollido no horario asignado.

- Irmáns escolarizados en Ed. Infantil e Ed. Primaria: as familias recollerán ao alumnado de Ed. Infantil e poderán recoller aos irmáns de Primaria pola cancela do transporte escolar (previa notificación ao titor/-a e como medida a manter ao longo do curso).

 

PREGAMOS QUE SIGAMOS RESPETANDO OS HORARIOS E A PUNTUALIDADE PARA  MANTER UN ACCESO SEGURO AO CENTRO.

Moitas grazas pola vosa colaboración, familias!!

AUTOENQUISA COVID19

AUTOENQUISA COVID19

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID 19

PLAN DE ACOLLIDA 2020/2021

PLAN DE ACOLLIDA 2020/2021

ABALAR Móbil

Inicio de Sesión