Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA, MÚSICA E DANZA, Educación Infantil, INGLÉS, ACT. COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES, Orientación, BIBLIOTECA, DINAMIZACIÓN LÍNGUA GALEGA

CONTINÚA O ENTROIDO

Atentos ao que toca mañá!!!!!

 

PRIMARIA

INFANTIL

 

O MECO MANDA

Estamos inmersos na semana do Entroido. En Primaria Don Sacho, en Infantil, o Meco manda. O luns garavata en primaria, algo na cabeza en infantil. O martes un colgante de cenorias e en infantil a cara decorada.

Todos atentos ao que toca mañá mercores.

 

PRIMARIA INFANTIL
   

OBRADOIRO DE ORNITOLOXÍA

O venres, nas aulas de Educación Infantil realizamos un obradoiro de ornitoloxía promovido pola asociación Adiantum, coa colaboración da Anpa.

O obradoiro consistiu na montaxe e decoración de caixas niño para aves e morcegos con elementos naturais. Tamén nos explicaron características das aves, tipos de aves, a súa alimentación, e a importancia das aves para os ecosistemas.

 Esta actividade terá continuidade na primavera, cando o alumnado de primaria coloque  as caixas niño no entorno do río Mera (O Pino)

casiñas1 casiñas2 ..
   

 

FESTIVAL DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

ARAO ARAO

 

Con motivo da celebración do magosto, despois de degustar as

castañas, todo o alumnado de educación infantil cantou e bailou

unha canción de roda “Arao Arao” de Pelo gato 24.

 

Podedes ver o video desta actuación.

 

 

 

Obradoiros de igualdade

O xoves e o venres todo o alumnado de educación infantil participou no obradoiro organizado pola Ampa “Igualdade a través dos contos”  a partir do conto “Iriña bailarina” impartido por Montse Vilar.

 

 

 

HOSPITAL DE OSIÑOS

Hai uns días, os nenos e nenas de 5 anos de Infantil disfrutaron dunha xornada moi divertida aprendendo cousas sobre os médicos e o funcionamento do corpo.

Acompañados dos seus osiños, a través de xogos, e gracias aos estudantes de medicina da USC, os nenos/as realizaron diferentes obradoiros onde aprenderon hábitos saudables, primeiros auxilios, reanimación, fixeron curas,...foron células e glóbulos e ¡fixeron unha operación!

Toda unha experiencia que lles encantou.

 

Taller raios x Taller cirurxía

foto de grupo

Anxo Moure

O luns estivo na nosa escola Anxo Moure contándolle contos ao alumnado de E. Infantil.

Saida "A casa do queixo"

O venres 5 de maio o alumnado de 6º de INFANTIL visitamos “A casa do queixo” de Grixalba en Sobrado dos Monxes. Alí visitamos os animais e explicáronnos diferentes curiosidades deles, fixemos queixo, tivemos un obradoiro de lá e elaboramos unha tartaruga con material de regugallo. Pasámolo moi ben e disfrutamos do día.

 

Música Galinova "A granxa"

Para ver fotos CLICK AQUÍ

Doa Ocampo

A volta das vacacións de Semana Santa puidemos ver como a pintora Doa Ocampo daba as últimas pinceladas aos murais con motivos florais do edificio de infantil da nosa escola.

Distribuir contido


by Dr. Radut