Skip to Content

ANPA

4º E. PRIMARIA VISITA OCEANÓGRAFO 28 02 24

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou dunha sesión formativa organizada pola ANPA Fontela, a cargo dun oceanógrafo que lles mostrou e axudou a comprender moitos aspectos da fauna mariña.

Álbum: 2023 2024 -> OCEANOGRAFÍA 4º E.P. 28 02 24

Charla sobre o CONTROL DA MIOPÍA

Charla informativa sobre a Campaña para o control da miopía, desenvolvida por persoal da Facultade Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Xoves, 9 de novembro ás 18:00 horas

Na biblioteca do CEIP das Fontiñas

SERVIZO LUDOTECA E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

Xa está aberta a inscrición no SERVIZO DE LUDOTECA (luns a venres: 16:30h-18:30h) e nas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES organizadas pola ANPA. 

 

A inscrición nas actividades é EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrita orde de solicitude.

 

As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES darán comezo a semana do 1 DE OUTUBRO e, previsiblemente, continuarán de forma regular ata final de curso. 

 

O SERVIZO DE LUDOTECA desde o 11 DE SETEMBRO. Aquelas familias que desexen facer uso deste servizo desde o mes de setembro deberían enviar a matrícula antes do día 7 de setembro.  

 

Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por ACTEX (Teléfono: 691 475 060 / Correo: santiago@actex.es), con excepción das actividades de: SKATE (Skate Escola) e ROBÓTICA (Play Code Academy).

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA CURSO 23/24

Estimadas familias,

Enviamos a información das ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES organizadas desde a ANPA FONTELA e programadas para este vindeiro curso 2023-2024.

 

Estas actividades teñen por obxectivo facilitar a conciliación das familias e ofrecer alternativas de lecer, deportivas e culturais para as crianzas.

 

Así mesmo, queremos lembrarvos que ademáis das actividades extraescolares está programado o SERVIZO DE LUDOTECA (luns a venres de 16:3018:30 h).

As ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES darán comezo a semana do 1 DE OUTUBRO e, previsiblemente, continuarán de forma regular ata final de curso.

Como en anos anteriores as actividades serán xestionadas por ACTEX (Teléfono: 691 475 060 / Correo: santiago@actex.es), con excepción das actividades de: SKATE (Skate Escola) e ROBÓTICA (Play Code Academy).

A inscrición nas actividades realizarase EXCLUSIVAMENTE DE XEITO TELEMÁTICO e por estrito orde de solicitude.

O luns 17 de xullo ás 12h da mañá ábrese o prazo de inscrición. 

 

O formulario de inscrición estará dispoñible nesa data no noso blog: https://anpafontela.wordpress.com/

Para participar nas actividades extraescolares cobrarase unha matrícula anual de 20 € que será gratuíta para familias socias da ANPA FONTELA.

Por ese motivo á hora de formalizar a matrícula online, debedes seleccionar: se desexades ser socios da ANPA (cota anual da ANPA: 20 euros) ou pagar a matrícula das actividades (20 euros).

No caso de querer ser socios, enviar ao correo da ANPA (anpafontela@gmail.com) a ficha de socia/o que tedes adxunta a este correo.

 

Aquelas familias que xa forman parte da Asociación NON é necesario que entreguen de novo a solicitude de socios.

 

 

Unha vez recibidas e revisadas as inscricións comunicarase se foi admitid@ nas actividades seleccionadas ou se queda en lista de agarda.

 

Para que as actividades se poidan desenvolver necesítase un mínimo de 10 alumnos/as.

 

No caso de que nalgunha actividade non se acade o mínimo e non se poida desenvolver devandita actividade, informarase de tal circunstancia por correo electrónico.

FORMA DE PAGO: A DOMICILIACIÓN REALIZARASE DO 1 AO 10 DE CADA MES NA CONTA INDICADA POR CADA FAMILIA.

PARA CURSAR A BAIXA NUNHA ACTIVIDADE É NECESARIO COMUNICALO Á EMPRESA POR TELÉFONO OU CORREO-E ANTES DO DÍA 20 DO MES ANTERIOR.

(As devolucións de recibos supoñen un recargo de 4 €).

Para máis información sobre as actividades extraescolares contactade con:

ACTEX (691 475 060 / actex@actex.es) ou no correo da ANPA (anpafontela@gmail.com).

*SKATE e ROBÓTICA serán impartidas por Skate Escola e Play Code Academy, respectivamente.

A ter en conta:

SKATE: cada participante deberá traer o seu skate, proteccións e casco.

PATINAXE: cada participante deberá traer os seus patíns de bota de 4 rodas paralelas 2x2 (non patíns en liña). Nesta actividade, ao realizarse dúas horas seguidas, farase un pequeno descanso para merendar.

DEPORTES DE RAQUETA: tenis, bádminton e tenis de mesa. Cada participante deberá traer a súa raqueta.

PANDEIRETA: cada participante deberá traer a súa pandeireta.

TARIFAS DAS ACTIVIDADES:

JUDO – 2 días á semana

22 euros

DEPORTES DE RAQUETA – 1 día á semana

14,50 euros

BAILE MODERNO – 1 día á semana

14,50 euros

INICIACIÓN SKATE - 1 día á semana

27 euros

ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN – 1 día á semana

27 euros

INGLÉS LÚDICO – 2 días á semana

22 euros

TEATRO – 1 día á semana

14,50 euros

DEBUXO E PINTURA – 1 día á semana

14,50 euros

PATINAXE – 1 día á semana

14,50 euros

DANZA GALEGA – 1 día á semana

14,50 euros

PANDEIRETA – 1 día á semana

14,50 euros

 -----------------------------

CURSO 2023-2024 - ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES NON organizadas pola ANPA FONTELA

 

Ademáis da anterior oferta de actividades extraescolares, achegámosvos outras opcións que se ofrecen no barrio de Fontiñas.

 

NON están organizadas pola ANPA Fontela e, se tedes interese sobre elas, deberíades contactar directamente con estes espacios.

BALONCESTO ADB Fontiñas

Lugar: Patio cuberto do CEIP das Fontiñas

Horario: Martes 16.30 -17.30 h / Mércores e venres, 16.30 – 18.00 h

Contacto: adbfontinas@gmail.com

 

NATACIÓN CDN Ciudad de Santiago

Prezo da actividade: 18 euros/mes (matrícula de 25 € que inclúe un seguro de accidentes)

Criterio de inclusión: ser capaz de realizar un largo de piscina (25 m) sen material de axuda.

Valoración do nivel: se realizará para poder ofrecer ao deportista o grupo e horario más adecuado. Serán os sábados 9, 16, 23 e 30 de setembro, de 10.00 a 12.00 h, na piscina de Santa Isabel.

Lugar: Piscinas Fontes do Sar e Santa Isabel

Horario:

Luns e mércores, 17:30 - 18:15 h ou 18:15 - 19:00 h

Martes e xoves, 17:30 - 8:15 h ou 18:15 - 19:00 h

Venres, 17:30 - 18:15 h ou 18:15 - 19:00 h e sábados, 11:30 - 12:15 h (o sábado na piscina de Santa Isabel)

Contacto: cdnstgo@gmail.com

 

TAEKWONDO Área Marcial

Lugar: Área Marcial. Área Central

Prazas reservadas para alumnado do CEIP das Fontiñas a un prezo especial de 30€/mes (45€/mes - sen promoción)

Para acceder a esta proposta poden completar o formulario que se achega:.
https://forms.gle/TSrsp5gDZekq7GuZ9

 

PROGRAMA Moogi de 4 a 6 anos:

 

  • Luns e mércores de 16:00 a 16:50 h (3 prazas)

  • Luns e mércores de 18:00 a 18:50 h (3 prazas)

  • Martes de 16:00 a 17:30 h (4 prazas)

  • Xoves de 16:00 a 17:30 h (4 prazas)

 

PROGRAMA Dragon Squad de 7 a 12 anos:

 

  • Luns e mércores de 17:00 a 18:50 h (3 prazas)

  • Luns e mércores de 19:00 a 19:50 h (11 a 14 anos). (4 prazas)

  • Martes de 18:00 a 19:30 h (4 prazas)

  • Xoves de 18:00 a 19:30 h (2 prazas)

 

Contacto: gtmaspain@gmail.com

 

 

HORARIO ACTIVIDADES no CEIP das Fontiñas

 

 

 

HORA

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

 

16.00

16.50 h

JUDO

(de 3º a 6º primaria)

JUDO

(infantil e

1º e 2º de primaria)

ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN*

(Play Code Academy)

(de 4º a 6º primaria)

JUDO

(de 3º a 6º primaria)

JUDO

(infantil e

1º e 2º de primaria)

ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN*

(Play Code Academy)

(de 1º a 3º primaria)

 

16.30

17.30 h

DEPORTES DE RAQUETA

(tenis, tenis de mesa, bádminton)

(primaria)

 

 

PATINAXE

 

DANZA GALEGA

17.30

18.30 h

BAILE MODERNO

Iniciación SKATE*

(Skate Escola)

17.30-18.50 h

 

INGLÉS LÚDICO

(infantil)

 

TEATRO

(primaria)

DEBUXO E PINTURA

INGLÉS LÚDICO

(infantil)

 

PANDEIRETA

 

FESTA FIN DE CURSO CEIP DAS FONTIÑAS_ANPA FONTELA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA FONTELA

- Información das extraescolares. Abrirase o plazo de matrícula o día 13/09/22.
- Folla de inscrición da ludoteca. O prazo xa está aberto.
- Folla de inscrición como soci@s da ANPA.
Os impresos tamén están dispoñibles na conserxería de E. Primaria

 

ANPA FONTELA do CEIP AS FONTIÑAS

A ANPA FONTELA do noso colexio conta cun blogue. Premede na foto se queredes visitalo.

Distribuir contido


by Dr. Radut