Skip to Content

BLOG DE EXTRAESCOLARES/COMPLEMENTARIAS

2º A E.P. PLANTACIÓN HORTO ESCOLAR 12 04 24

O pasado venres 12 de abril, o alumnado de 2ºA de E Primaria tivo a visita dunha técnica do Concello do departamento de parques e xardíns para ensinarnos a por en marcha o horto escolar.

 

 

 

Álbum: 2023 2024 -> 2ºA PLANTACIÓN HORTO

4º E. PRIMARIA. VISITA GUIADA AO MUSEO DAS PEREGRINACIÓN E A ALAMEDA 16 04 24

 VISITA GUIADA AO MUSEO DAS PEREGRINACIÓN E A ALAMEDA

Álbum: 2023 2024 -> 4º E.P. VISITA ALAMEDA_MUSEO PEREGRINACIÓNS 16 04 24

XORNADA DE SEGURIDADE VIAL 6º E. PRIMARIA 11 04 24

O alumnado de 6º de E. Primaria realizou no recinto feiral de Amio a actividade de educación vial adicada a coñecer de primeira o xeito de actuar tanto os condutores como os peóns nas diferentes situacións que se dan na rúa. Ademais, puidérono comprobar poñéndose na pel de condutores e peóns no circuíto que realizaron.

Álbum: 2023 2024 -> 6º EP seguridade vial 11 04 24

CHARLA SOBRE AQUEOLOXÍA. ATAPUERCA

Diego Lombao Vázquez, arqueólogo da Universidade, visitou o noso colexio para falarnos de Antropoloxía e máis concretamente do xacemento de Atapuerca, onde el mesmo traballou durante uns anos. O alumnado de 6º de E. Primaria desfrutou moito da súa charla. El, moi atentamente respondeu ás súas preguntas e comprobou o moito que saben de Prehistoria as nosas nenas e nenos.

 

Moitas grazas Diego! Foi todo un pracer!

 

 

 

8 de marzo: DÍA MUNDIAL DA MULLER

Unha exposición de libros no recibidor do colexio para que o alumnado e profesorado teñan a man diversas obras interesantes sobre mulleres que fixeron e fan historia.

 

Ademais, a Biblioteca, puxo en marcha unha nova edición do concurso de pistas para adiviñar o nome de mulleres significativas no noso mundo. Esta edición, dedicada ao tema do PDI “Feito a man”.

CONMEMORACIÓN 8-M 08 03 24

 

 

Álbum: 2023 2024 -> 8-M

4º E. PRIMARIA VISITA OCEANÓGRAFO 28 02 24

Hoxe o alumnado de 4º de E. Primaria disfrutou dunha sesión formativa organizada pola ANPA Fontela, a cargo dun oceanógrafo que lles mostrou e axudou a comprender moitos aspectos da fauna mariña.

Álbum: 2023 2024 -> OCEANOGRAFÍA 4º E.P. 28 02 24

VISITA ACUARIO A CORUÑA 4º E. PRIMARIA 27 02 24

Álbum: 2023 2024 -> ACUARIO 4º EP 27 02 24

5º E. PRIMARIA «Hábitats. Natureza estendida»

Explorar a sabana, o deserto, o océano... e aprender desde a empatía. A clase de 5º de Primaria do CEIP das Fontiñas cóntanos a súa visita a «Hábitats. Natureza estendida», a experiencia de realidade mixta que desde a Cidade da Cultura atravesa os cinco continentes para descubrir como a vida seinterconecta e como as persoas influímos nos ecosistemas.

ACTUACIÓNS ALUMNADO ANTÓN FRAGUAS 22 02 24

Onte tivemos a visita de antigos alumnos/as do noso centro que agora estudan no IES Antón Fraguas. Este alumnado, acompañado do seu profesorado, realizou unhas actuacións teatrais e musicais que nos encantaron. Dende o CEIP das Fontiñas, dámoslle as grazas ao IES Antón Fraguas, ao seu profesorado e alumnado participante por esta fantástica iniciativa, que desexamos que se volva a realizar.

Álbum: 2023 2024 -> ANTÓN FRAGUAS 22 02 24
Distribuir contido


by Dr. Radut