Skip to Content

EDUCACIÓN FÍSICA, MÚSICA E DANZA, Educación Infantil, INGLÉS, ACT. COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES, Orientación, BIBLIOTECA, DINAMIZACIÓN LÍNGUA GALEGA

OBRADOIROS SOBRE A AUGA

 A semana pasada todo o alumnado de Educación Infantil puido disfrutar duns obradoiros sobre a auga, organizados pola Anpa. Moitas grazas a Marta González e a Marta Vázquez por levalos á cabo.

DÍA MUNDIAL DA AUGA

O pasado venres 22 de marzo, con motivo da conmemoración do Día Mundial da auga, o alumnado de 5 anos, asisitíu a Xornada de portas abertas organizada por Viaqua, na planta potabilizadora do Tambre e na depuradora de augas residuias de Aríns.

HOSPITAL DE OSIÑOS

Esta semana instalouse en Educación Infantil o "Hospital de osiños" para paliar as urxencias do "Chus", sobrepasadas pola epidemia de gripe e de virus, en xeral.

 

 

FESTIVAL DE NADAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

O Xoves 20 de decembro, celebramos o Festival de Nadal de Educación Infantil.

A continuación, nos arquivos adxuntos,  podedes ver os vídeos das diferentes actuacións.

 

  Pinchando no seguinte enlace, accederedes a galería para ver as fotos do festival

 http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfontinhas/galeria/thumbnails.php?album=43

  

NEVE E AS ÁRBORES MÁXICAS

Hai uns días o alumnado de 5 anos de infantil asistiu a unha sesión de cine no numaxNeve e as árbores máxicas  e outros tres cortos que encantaron aos peques.

CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Vero e Sonsoles "Rilo & Penadique" deleitaron as crianzas de infantil co seu espectaculo de contacontos a prol da coeducación, a igualdade e o respeto a diversidade.

Moitas grazas a anpa por organizar a actividade.

 

 

A GATA CON ZOCOS

O alumnado de 5 anos asistíu no Auditorio de Galicia ao espectáculo musical "A gata con zocos" . A compañia teatral actuou acompañada pola Real Fhilarmonía de Galicia.

CIRCO NA ESCOLA

Hai unhas semanas, en Educación Infantil, puidemos disfrutar do espectaculo de Circo de Frá Martó. Grazas a anpa por organizar esta actividade.

O ALUMNADO DE 3 ANOS NO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

 

O xoves 14 de xuño as nenas e os nenos de tres anos visitaron o Museo de Historia Natural.

Foi unha experiencia moi chula!

 

 

 

 

VISITA DE MARI, PERCEBEIRA NO RONCUDO

Hai uns días, nas aulas de 4 anos, visitounos Mari, unha muller cun dos oficios máis perigosos. Mari é percebeira no Roncudo de Corme, e deixounos abraiados contándonos en que consiste o seu traballo.

Ela tenlle moito respecto ao mar, ese que lle dá o necesario para vivir, pero tamén lle pode quitar a vida. Mari, e mulleres e homes percebeiros, fan que cheguen ás nosas mesas manxares como os percebes. Só esperamos que Deva, deusa do mar, @s protexa e @s coide.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut