Durante o mes de maio celebramos a Semana das Letras Galegas con multitude de actividades sobre o autor homenaxeado, neste caso Carlos Casares.
Dentro das actividades que se están a realizar para festexar ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017, o luns 15 de maio, durante a Hora de Ler, o alumnado de 6º de Primaria leron libros de literatura infantil de Carlos Casares ao resto dos grupos de Infantil e Primaria.
Estes son os títulos que temos na Biblioteca do centro de narrativa infantil:
Ademais, contamos con dous exemplares de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry, que foi traducido ao galego por Carlos Casares en 1972.
Ademais, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizaron as actividades interactivas propostas na web http://primaveradasletras.gal da Real Academia Galega.
sentímolo, flash non está dispoñible.
Dentro da celebración da Semana das Letras Galegas, achegamos este video realizado dende a Biblioteca, onde aparece a nosa coñecida mascota e símbolo, a tartaruga
sentímolo, flash non está dispoñible.
Ademais, os nosos alumnos traballaron as letras galegas dende murais adicados a Carlos Casares...
...pasando pola música cos instrumentos tradicionais e bailes, grazas ao interese e participación de profesores de música do conservatorio...
...ata chegar a implicación directa, coa lectura por parte de 6º curso e de pais para todos os rapaces do colexio.
Moitas brazas a todos.