bibliotecas

 

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Durante o mes de maio celebramos a Semana das Letras Galegas con multitude de actividades sobre o autor homenaxeado, neste caso Carlos Casares.

Dentro das actividades que se están a realizar para festexar ao autor homenaxeado nas Letras Galegas 2017, o luns 15 de maio, durante a Hora de Ler,  o alumnado de 6º de Primaria leron libros de literatura infantil de Carlos Casares ao resto dos grupos de Infantil e Primaria.

 

Estes son os títulos que temos na Biblioteca do centro de narrativa infantil:

  • «As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas» (1973)
  • «O can Rin e o lobo Crispín» (1983)
  • «Lolo anda en bicicleta» (1996)
  • «Este é Toribio» (1991)
  • «Toribio contra o profesor Smith» (1991)
  • «Toribio e o contador de contos» (1991)
  • «Toribio ten unha idea» (1992)
  • «Toribio revoluciona o tráfico» (1994)

Ademais, contamos con dous exemplares de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry, que foi traducido ao galego por Carlos Casares en 1972.

 

Ademais, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria realizaron as actividades interactivas propostas na web http://primaveradasletras.gal  da Real Academia Galega.

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Dentro da celebración da Semana das Letras Galegas, achegamos este video realizado dende a Biblioteca, onde aparece a nosa coñecida mascota e símbolo, a tartaruga

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

 

Ademais, os nosos alumnos traballaron as letras galegas dende murais adicados a Carlos Casares...

 

 

 

...pasando pola música cos instrumentos tradicionais e bailes, grazas ao interese e participación de profesores de música do conservatorio...

 

 ...ata chegar a implicación directa, coa lectura por parte de 6º curso  e de pais para todos os rapaces do colexio.

   

 Moitas brazas a todos.