Deixámosvos primeiro un vídeo da descomposición do número dez. Xoga ti a facer decenas empregando materiais que teñas na casa. Recorda encher os cadradiños que vos deixamos na ficha, facendo a suma hasta chegar a dez.
Ola familias, aquí tedes o obradoiro de experimentos desta semana. Pasádeo ben e unha aperta moi grande. Lembrade que se facedes algún destes experimentos podedes gravalo ou sacar unhas fotos e envialas a experimentosnofogar@gmail.com (correo da mestra de apoio Lidia). Por suposto, non dubidedes en escribir se tedes algunha dúbida cos experimentos, pero recordade identificarvos co nome e a vosa clase.