Skip to Content

Deporte Galego

Distribuir contido
Actualizado: hace 13 horas 16 min

Lete destaca a puxanza do piragüismo en augas bravas galego con competicións como a Copa de España de Slálom Olímpico en Mondariz-Balneario

Dom, 25/02/2024 - 20:18

O secretario xeral apunta que a Xunta segue estudando a posibilidade de levar a cabo unha canle permanente de augas bravas en Galicia como unha das prioridades da Secretaría Xeral para o Deporte




Mondariz-Balneario (Pontevedra), 25 de febreiro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe á celebración da I Copa de España de Slálom Olímpico celebrada na canle de augas bravas do río Tea ao seu paso polo Concello de Mondariz-Balneario.

Alí, o mandatario galego destacou a puxanza do piragüismo en augas bravas galego grazas á calidade dos seus representantes, entre os que destacou aos padexeiros de slálom como Ainhoa Lameiro, Manu Ocho, Daniel Pérez Cortegoso ou Luis Fernández, que a finais de setembro do ano pasado acadaba a praza olímpica para España en C1. Lete Lasa destacou ademais, a importancia de que se celebren en Galicia competicións tan importantes como esta I Copa de España de Slálom Olímpico, xa permite que os mellores padexeiros e padexeiras de todo o país se acheguen a Galicia a coñecer as nosas infraestruturas deportivas.

Neste sentido, o secretario xeral para o Deporte apuntou que a Xunta segue estudando a posibilidade de levar a cabo unha canle permanente de augas bravas en Galicia como unha das prioridades da Secretaría Xeral para o Deporte.

 

Categorías: Deportes

Lete Lasa destaca o espectáculo do Gran Camiño que xa é, por méritos propios, unha das mellores carreiras do circuíto profesional

Dom, 25/02/2024 - 20:14

Entrega o maillot amarelo Xunta de Galicia ao vencedor da terceira edición de O Gran Camiño, o danés Jonas Vingegaard que repite a súa vitoria do ano pasado




Ponteareas-Tui (Pontevedra), 25 de febreiro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu na mañá de hoxe ao corte de cinta e á saída da cuarta e derradeira etapa de O Gran Camiño 2024 que tivo lugar na Praza do Bugallal de Ponteareas. Tres horas e media máis tarde, o mandatario galego presenciou á chegada do pelotón ao Monte Aloia, no Concello de Tui, e entregou o maillot amarelo Xunta de Galicia ao vencedor da terceira edición de O Gran Camiño, o danés Jonas Vingegaard que repite a súa vitoria do ano pasado.

Lete Lasa destacou a dureza das condicións meteorolóxicas nesta cuarta etapa e gabou a actuación dos ciclistas que deron un auténtico espectáculo na que xa é unha das mellores carreiras do circuíto profesional. O secretario xeral para o Deporte destacou ademais o gran papel do galego Carlos Canal, que acadou a segunda posición na etapa de onte na provincia de Ourense e que rematou a competición nun meritorio décimo terceiro posto.

O secretario xeral destacou a importancia de que Galicia consolide a súa volta profesional nun momento doce do ciclismo galego como demostra o incremento das licenzas deportivas de ciclismo que hoxe xa suman preto de 8.500 en Galicia, sumando tamén as de cicloturismo, cando en 2009 eran tan só 1.700. Nas últimas edicións O Gran Camiño obtivo retransmisións a través de Eurosport en case 200 países e xerou nove millóns de impactos en redes sociais que axudan a que a imaxe de Galicia chegue a todo o mundo. Polo tanto, serve de foco de atracción de turistas e peregrinos que se animen a viaxar á comunidade ou a descubrila a través do Camiño de Santiago.

 

Categorías: Deportes

Lete Lasa enxalza os fitos do ciclismo galego tanto no ámbito amateur coma no profesional e recorda que en Galicia xa son 8.500 federados

Dom, 25/02/2024 - 20:10

Fai fincapé na importancia da consolidación dunha competición profesional en Galicia como é ‘O Gran Camiño’ que xa transita pola súa terceira edición e que no día de mañá rematará no Monte Aloia, coa presenza do propio secretario xeral para o Deporte


Ribadumia (Pontevedra), 24 de febreiro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou no serán de hoxe na Gala do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega de Ciclismo e fixo un repaso polos fitos do noso ciclismo tanto no ámbito amateur coma no profesional. Neste sentido destacou os nomes propios de figuras relevantes deste deporte como Delio Rodríguez, gañador da Vuelta a España de 1945 e que aínda hoxe ostenta o récord de maior número de vitorias de etapa da ronda española, con 39; Gonzalo Aguiar e José Enrique Porto Lareo, primeiros ciclistas olímpico e paralímpico galegos; así como Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia en 2006.

O secretario xeral destacou o incremento das licenzas deportivas de ciclismo que hoxe xa suman preto de 8.500 en Galicia, sumando tamén as de cicloturismo, cando en 2009 eran tan só 1.700. Lete Lasa tamén sinalou a importancia de contar cun dos mellores equipos profesionais feminino, como o Team Farto BTC, o que posibilita que as licenzas femininas tamén medren e, como indica o Barómetro da Bicicleta, que hoxe máis da metade das mulleres usen a bicicleta en España.

Lete Lasa lembrou a importancia das 33 etapas da Vuelta Ciclista a España que pasaron por Galicia nos últimos dez anos e as catro etapas galegas recentemente anunciadas para a ronda española de 2024. Asemade, fixo fincapé na importancia da consolidación dunha competición profesional en Galicia como é ‘O Gran Camiño’ que xa transita pola súa terceira edición e que no día de mañá rematará no Monte Aloia, coa presenza do propio secretario xeral para o Deporte.

O amateurismo tamén é un dos eidos de maior éxito do ciclismo galego como demostra o feito de que os tres equipos galegos de referencia -Vigo Rías Baixas, Cortizo Padronés e Supermercados Froiz- finalizasen entre os 10 primeiros equipos da clasificación nacional elite sub-23, sendo a vitoria sempre para un equipo galego, excepto no ano 2019. Entre eles, o Froiz, está considerado como o mellor equipo amateur da historia, contando con oito primeiros postos da clasificación nacional, sendo sete deles de maneira consecutiva algo que nunca ninguén conseguiu e que dificilmente se repetirá.

Categorías: Deportes

Andrés Pereiro López campión do Mutua Madrid Open Sub 16 en Mallorca

Mér, 21/02/2024 - 12:54

O lucense Andrés Pereiro López proclamouse campión do Mutua Madrid Open Sub 16 celebrado do 16 ao 18 de febreiro de 2024 no Rafa Nadal Sports Centre Tennis Club en Mallorca.


Andrés partíu como cabeza de serie número 2 e de camiño á final do torneo eliminou a José Ignacio Cuevas Sobejano 6-4 7-5 e a Max Vilar Urla 7-5 6-2.

Na final non deu ningunha oportunidade a Vlad Secara e gañou por 6-3 6-2. ¡Parabéns Andrés!

Ligazóns
Categorías: Deportes

Martín De la Puente campión de dobres do ABN AMRO Open 2024

Lun, 19/02/2024 - 11:03

Martín De la Puente gañou o título de campión de dobres do ABN AMRO Open 2024 celebrado en Rotterdam.


Formou parella co belga Joachim Gerard, que ocupa o posto número 6 do ranking. Eliminaron en semifinales aos franceses Frederic Cattaneo e Stephane Houdet por 6-3 6-2 e na final venceron por 6-2 0-6 10-8 aTom Egberink e Maikel Scheffers de Países Bajos.

Na proba individual caeu en semifinais ante o belga Joachim Gerard cun resultado de 3-6 6-2 7-5.

Ligazóns
Categorías: Deportes

Jessica Bouzas campioa do W50 Morella en México

Lun, 19/02/2024 - 10:19

Jessica Bouzas Maneiro segue imparable e suma un novo título ao seu palmarés, o de campioa do Torneo Internacional W50 Morella celebrado en México do 12 ao 18 de febreiro.


A xogadora de Vilagarcía de Arousa impúxose nas dúas primeiras xornadas por 6-1 6-4 e 6-3 6-4 ante as estadounidenses Hanna Chang e Jaime Loeb respectivamente.

En cuartos de final tivo que superar un primeiro set en contra ante a xogadora local Fernanda Contreras, o resultado final 6-7(4) 6-3 6-1.

En semifinais eliminou á xogadora alemá Jule Niemeier, con ranking WTA 131, cun resultado de 4-6 6-3 7-5.

Na final gañou por 6-7(11) 6-1 7-6(1) á número 1 do torneo, a estadounidense Hailey Baptiste.

Ligazóns
Categorías: Deportes

Lete Lasa destaca ao Froiz como o mellor equipo elite sub23 da historia e asegura que en 2024 volverá aos primeiros postos do ranking

Ven, 16/02/2024 - 16:21

O secretario xeral para o Deporte destaca a “resiliencia, superación, esforzo e traballo” do Froiz que soubo levantarse dunha primeira derrota en 1998 para acabar sendo referente no ciclismo masculino, feminino e tamén no adaptado




Pontevedra, 16 de febreiro de 2024.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado do secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou na mañá de hoxe na presentación da tempada 2024 do Grupo Deportivo Supermercados Froiz. O mandatario galego destacou a evolución do equipo de ciclismo dende a súa fundación en 1987 e puxo ao Froiz como un exemplo de “resiliencia, superación, esforzo e traballo”. Neste sentido, lembrou, a primeira competición de ciclismo de estrada disputada polo equipo pontevedrés -a Festa do Carneiro ao Espeto de Moraña de 1998- na que ningún corredor do Froiz conseguiu rematar a carreira e salientou como Magín Froiz e Evaristo Portela traballaron dende aquela derrota para construír o que hoxe é, por méritos propios, “o mellor equipo elite sub23 da historia”

Lete Lasa destacou o récord do Froiz que conta con oito anos sendo campión da clasificación elite sub23, dos cales sete foron de maneira consecutiva -2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013 e 2014-, “algo que ningún outro equipo conseguiu e que será moi difícil de volver facer”. O secretario xeral para o Deporte resaltou ao Froiz como un equipo de todas e de todos e salientou a importancia de contar, ao longo da súa historia, con algúns dos mellores deportistas de ciclismo adaptado como César Neira ou José Enrique Porto. Do mesmo xeito puxo de manifesto a importancia de contar cun equipo feminino de ciclocross dende hai tres anos do que xa saíron grandes ciclistas con gran futuro como Aroa Otero.

O secretario xeral destacou o incremento das licenzas deportivas de ciclismo que hoxe xa suman preto de 8.500 en Galicia, sumando tamén as de cicloturismo, cando en 2009 eran tan só 1.700. Lete Lasa tamén sinalou a importancia de contar cun dos mellores equipos profesionais feminino, como o Team Farto BTC, o que posibilita que as licenzas femininas tamén medren e, como indica o Barómetro da Bicicleta, que hoxe máis da metade das mulleres usen a bicicleta en España. Do mesmo xeito, Lete Lasa lembrou a importancia das 33 etapas da Vuelta Ciclista a España que pasaron por Galicia nos últimos dez anos e as catro etapas galegas recentemente anunciadas para a ronda española de 2024. Asemade, a terceira edición da carreira profesional ‘O Gran Camiño 2024’ volverá traer a Galicia neste mes de febreiro aos mellores equipos do mundo.

Categorías: Deportes


by Dr. Radut