Skip to Content

News aggregator

Noitinhas

Axenda Cultural - Mér, 05/06/2024 - 19:30

5 de xuño, 19:30
Avda. do Burgo das Nacións, s/n - Santiago de Compostela - A Coruña

O ciclo gastronómico e musical noitiNHas regresa á programación cultural cunha sétima edición na que ofrecerá cinco eventos de participación gratuíta para o público no NH Collection Santiago os mércores quince de maio, cinco de xuño, tres de xullo, sete de agosto e catro de setembro a partir das 19:30h.

  • Sesión Cervezas Alhambra a cargo de Señora Dj
  • Showcooking Cervezas Alhambra da man do chef David Mariño (Rincón del Reino)
  • Concerto de Pahua (México)

 
 
 

Categorías: Cultura

Narcisa Hirsch 4. El taller de la artista

Axenda Cultural - Mér, 05/06/2024 - 19:30

5 de xuño, 19:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Conxunto de pezas da cineasta experimental arxentina Narcisa Hirsch.

Categorías: Cultura

Una historia de amor diferente

Axenda Cultural - Mér, 05/06/2024 - 18:00

5 de xuño, 18:00
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Festival das artes escénicas - Unha historia de amor diferente. Fundación ADCOR
A historia de dúas familias diferentes que en principio non poden estar xuntas pero o amor e a tolerancia entre os mozos desas familias fará que se superen as barreiras

Categorías: Cultura

Escola de calor - Paseo Climático

Axenda Cultural - Mér, 05/06/2024 - 11:00

5 de xuño, 11:00
- Ourense - Ourense

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dous territorios ao cambio climático.  

Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos ou confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.

Este mércores entre outras actividades teremos un Paseo Climático a cargo de Iago Carro (arquitecto , Ergosfera)

Este paseo está pensado para maiores de 14 anos e precisa de inscrición previa que pode facerse chamando ao número de teléfono : 988 788385

Categorías: Cultura

¡AOQUIC IEZ IN MEXICO! (¡YA MÉXICO NO EXISTIRÁ MÁS!)

Axenda Cultural - Mar, 04/06/2024 - 20:00

4 de xuño, 20:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Unha ollada frenética percorre a convulsa Cidade de México, metrópole colosal sostida polo mito da mestizaxe e outras violencias coloniais.

Categorías: Cultura

Escola de calor - Obradoiros

Axenda Cultural - Mar, 04/06/2024 - 18:00

4 de xuño, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático.  

Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse.

Este luns teremos dous obradoiros: Montaxe e instalación de sensores na Biblioteca (ÁS 11.00 H)  (COMPLETO) e Caracterización do edificio e reflexión sobre a adaptación ao calor ás 18.00 h. 

Este obradoiro está pensado para maiores de 14 anos e precisa de inscrición previa que pode facerse chamando ao número de teléfono : 988 788385

 

Categorías: Cultura

Narcisa Hirsch 3. Pocos son los que conocen el secreto del amor

Axenda Cultural - Mar, 04/06/2024 - 17:30

4 de xuño, 17:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Conxunto de pezas da cineasta experimental arxentina Narcisa Hirsch.

Categorías: Cultura

Escola de calor - Presentación e Mesa Redonda

Axenda Cultural - Lun, 03/06/2024 - 18:00

3 de xuño, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

A escola de calor é unha iniciativa científica sobre a adaptación dos territorios ao cambio climático, derivada dunha colaboración entre investigadores da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Université de Toulouse.  A calor constitúe un desafío para o futuro dos ecosistemas naturais e, taménm para a habitabilidade dos espazos urbanizados e as infraestruturas.

Este luns teremos a presentacións da Escola de Calor ás 18.00h a cargo de Jula Hidalgo  e unha Mesa redonda: Bibliotecas, espazos cidadáns e cambio climático.

Durante esta semana converteremos á Biblioteca nun caso de estudo para diagnosticarmos o confort térmico do edificio a través dun protocolo participativo de de medición. E tamén en paralelo teremos diferentes obradoiros, mesas redondas, proxeccións, conversatorios ...en colaboración coas Universidades de Santiago de Compostela e a Toulousse. 

 

Categorías: Cultura

Mares de letras

Axenda Cultural - Lun, 03/06/2024 - 11:30

3 de xuño, 11:30
Biblioteca Pública de Ferrol - Ferrol - A Coruña

Texto de presentación da actividadeMares de letras é un taller para compoñer textos desde a imaxinación. Propostas que se saen do cotián e desconcertan os nosos cálculos, e inducen a inventar e a transformar o pensamento. Dentro dun espazo de confianza no que non se avalía un resultado, só se anima a observar, a descubrir e a soltarse. Se parte do automático e coa práctica xorde a agudeza e o enxeño.  Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público adulto

Duración90 minutosSesións

  • 1ª sesión: 03/06/2024 - 11:30
  • 2ª sesión: 04/06/2024 - 11:30
  • 3ª sesión: 05/06/2024 - 11:30
  • 4ª sesión: 06/06/2024 - 11:30
  • 5ª sesión: 07/06/2024 - 11:30
  • 6ª sesión: 10/06/2024 - 11:30
  • 7ª sesión: 11/06/2024 - 11:30
  • 8ª sesión: 12/06/2024 - 11:30

Lugar de celebraciónBiblioteca municipal

Categorías: Cultura

As Alumnas

Axenda Cultural - Dom, 02/06/2024 - 19:30

2 de xuño, 19:30
Auditorio Municipal de O Grove - O Grove - Pontevedra

 Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres.  Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu  a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A  través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

 A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

A forma da peza parte desa pedagoxía que recolle María Barbeito de Maria Montessori  ou Ovide Decroly: centros de interese, láminas ilustradas, a torre rosa, as imprentas infantís, os traballos de clase, os debuxos, a música, a  observación da natureza, o coidado e o respecto polas necesidades de aprendizaxe de cada nena.

Elenco: Mónica Caamaño e Anabell Gago

Categorías: Cultura

Quixote

Axenda Cultural - Dom, 02/06/2024 - 18:00

2 de xuño, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense

"Quixote" é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, de esta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.

Dirixido por Laura Sarasola e interpretado por Juan Rodríguez e Pablo Sánchez, conta coa banda sonora orixinal de Davide González e un coidado vestiario realizado por Diego Valeiras.

 

 

Categorías: Cultura

Festa das Alfombras Florais do Corpus Christi

Axenda Cultural - Dom, 02/06/2024 - 11:00

2 de xuño, 11:00
varios espazos - Ares - A Coruña

Desde 1986, Ares celebra o Corpus Christi coa confección de alfombras florais que ano tras ano son admiradas polos milleiros de visitantes que se achegan á vila mariñeira. Os veciños, perfectamente organizados en seis grupos de traballo, son os artífices desta espectacular obra de arte vexetal á que dedican semanas de esforzo e que acada unha lonxitude de máis dun quilómetro.
Tradición, gran vistosidade e a participación do pobo únense en Ares para celebrar o Corpus, de tal xeito que, cando pasa a procesión o domingo pola tarde, as rúas da vila están perfectamente engalanadas. Ares recende a rosa, caravel, hortensia, labaza, tuia, pampillo e piñeiro, entre outros aromas vexetais.
Se a confección é importante nestes traballos, a colleita non o é menos. Sabedores de onde poden atopar as ramas, herbas e flores axeitadas, os veciños, da man da Asociación de Alfombras Florais de Ares, preparan un calendario de recollida. Primeiro o verde, que hai que tratar con moita paciencia, e despois as flores.
Cada un dos seis grupos elabora a súa alfombra cos motivos escollidos. A tradición obriga a non desvelar o tema ata momentos antes da súa elaboración. Na minuciosa confección participan centos de persoas. Familias enteiras colaboran nestes traballos e os máis pequenos, alén de realizar as súas achegas, gozan das alfombras confeccionadas con motivos infantís.
A véspera do día grande, cara á noite, as rúas Real e María, xunto á praza da Igrexa, comezan a se transformar. Agarda aos veciños unha intensa noite na que haberá que converter o asfalto e a pedra nunha obra de arte. Ao amencer, Ares loce unha nova e floral faciana. O domingo pola tarde, a pegada da procesión borrará este vexetal engalanamento, aínda que os veciños non esquecerán as intensas xornadas de convivencia.

Destacado: A confección das alfombras a noite da véspera.

Categorías: Cultura

Festa das Alfombras Florais de Bueu

Axenda Cultural - Dom, 02/06/2024 - 11:00

2 de xuño, 11:00
varios espazos - Bueu - Pontevedra

No municipio de Bueu, a celebración da festa do Corpus remóntase ao século XVII. A partir da documentación máis antiga atopada na parroquia –libros da Confraría do Santísimo Sacramento desde 1740- dedúcese que xa existía con anterioridade.
Durante todo este tempo, a procesión que se realiza despois da misa evolucionou moito, tanto no seu percorrido como nos elementos empregados nesta. Nun principio, o Santísimo limitábase á igrexa, onde había rodas de adoración por parte dos fregueses. Despois, esta ampliouse cunha procesión arredor do adro da igrexa, e con posterioridade, ás zonas próximas.
Con todo, e malia a súa antigüidade, o auxe desta tradición podería situarse entre as décadas de 1940 e 1950, unha vez que se asfalta o camiño de Ramón Bares. Un dos costumes que máis lembran os veciños e veciñas da vila son as tradicionais carrozas que desfilaban na procesión e que se preparaban na antiga carpintaría da fábrica Massó, que deixou de realizarse a comezos dos 70 co peche da conserveira.
No ano 2015 nace a Asociación das Alfombras do Corpus de Bueu, colectivo que logrou revitalizar a tradición das alfombras na vila, cambiando algunhas cuestións para que o percorrido fose máis céntrico e visual, e que atraese máis visitantes. A día de hoxe, os tapices florais cobren un total de 1,5 quilómetros das rúas.

Para non perder:
Os materiais mariñeiros, como cunchas de berberecho ou vieira, que se incorporan ás alfombras. 

 

Categorías: Cultura

Concerto de Martins Aneiros Band

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 20:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña

Tras un par de anos de proxecto conxunto sobre os escenarios, a banda xurdida da unión da guitarra de Víctor Aneiros e a voz de Paula Martíns lanza o seu primeiro álbum baixo o título de "RAIN".

O primeiro traballo de estudo da Martíns Aneiros Band é unha viaxe a través do blues, o soul e o rock no que temas como o popular "Blues is my business" de Etta James ou "I can´t do that" do compositor chicagüense Mike Wheeler maxistralmente versioneados e ensamblados con outros orixinais como "Rain", o single que ademais dá nome ao disco, ou "Healthy lifestyle".

A Martíns Aneiros Band xorde da unión de Paula Martíns quen foi vocalista da Big Bottom Band e o gutarrista Víctor Aneiros, cunha longa traxectoria ás súas costas e oito discos publicados ao seu nome. No 2019 Martíns acudiócomo convidada de Aneiros nos seus actaciones no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, por mor destas colaboracións sentaron as bases da Martíns Aneiros Band. Non obstante a vocalista xa colaborara co guitarrista, cantando unha versión de "Unha noite na eira do trigo", himno da emigración galega, na gravación de "Heroe Secreto" (2008).

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 20:00
Diante do Concello de Paderne de Allariz - Paderne de Allariz - Ourense

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponche
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais dás Hortas

Categorías: Cultura

Boa sorte, mala fama

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 20:00
Auditorio Municipal Cine Alovi - As Pontes de García Rodríguez - A Coruña

Sempre se soubo, claro está, que as anduriñas son aves de bo agoiro, que alí onde aniñan traen fortuna, que anuncian a primavera e que os mariñeiros as tatuaban na pel por cada travesía da que lograban retornar. Pouco se fala, en cambio, do molestas que se lle fan a moita xente co seu canto agudo e de que enchen todo de excrementos. Por iso estas aves dan boa sorte, pero teñen mala fama. Ningún outro animal se parece tanto aos emigrantes galegos: estamos en cada continente, vivimos facendo colonias, temos na cabeza o camiño de volta a casa e marchamos por necesidade. E, igual que as anduriñas, gañamos mala fama, aló onde fomos buscar a nosa boa sorte. Este espectáculo nace da necesidade de contar, precisamente, aquelo do que pouco se fala. 

Categorías: Cultura

Narcisa Hirsch 2. Mujeres y hombres y viceversa

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 19:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Conxunto de pezas da cineasta experimental arxentina Narcisa Hirsch.

Categorías: Cultura

Circo na casa

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra

Para este clown os roles entre homes e mulleres non están marcados. As tarefas domésticas din que hai que repartilas e non son aburridas en absoluto, pero… son tan doadas como parecen?

Con moitas torpezas, humor e malabares ou equilibrios con “cousas de andar por casa” seguro que este circo ten arranxo!

Espectáculo de circo e clown en favor da igualdadede xénero para concienciar na colaboración das tarefas domésticas dunha forma diferente e divertida.

Reestreado na súa nova versión definitiva en agosto do 2022

 

Categorías: Cultura

28-F Andalucía + Rocío

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 17:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Rocío, de Fernando Ruiz Vergara, é un axitado retrato da famosa romaría do Rocío en Andalucía a finais dos anos 70. A proxección estará precedida pola curtametraxe Andalucía 28-F de Nonio Parejo, sobre o referendo de autonomía andaluz celebrado o 28 de febreiro de 1980.

Categorías: Cultura

O lapis de Martín

Axenda Cultural - fai 0 seg

1 de xuño, 12:00
Biblioteca Pública Municipal de Viveiro - Viveiro - Lugo

Texto de presentación da actividade

Os pais de Martín mercábanlle  agasallos, pero nunca estaba contento. Unha tarde atopouse  coa súa  amiga Martiña e descubriu cómo deixar de estar aburrido. Martín aprendeu a xogar co lapis máxico e a probar os milleiros de posibilidades que ten, empregar a imaxinación.
 

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (400000000)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 04/05/2024 - 12:00

Lugar de celebración

Biblioteca Municipal Viveiro

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut