Iníciase o procedemento de ADMISIÓN DE ALUMNADO en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.
·
Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo
IMPORTANTE: A solicitude, xunto co Anexo II Bis deberá vir asinada polos dous proxenitores, titores ou acolledores do menor.
O formulario de solicitude está dispoñible e pode presentarse:
1.A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ (solicitudes>admisión).
A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto con toda a documentación que se indica máis abaixo.
2. Na sede electrónica da Xunta mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada. Neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro, sempre que se complete correctamente o procedemento.
3.Na secretaría do centro, en horario de 09:00 a 14:15. Hai que recoller o impreso na secretaría do centro, cumprimentalo, asinalo e presentalo xunto coa documentación que se indica a continuación:
Documentación que se debe achegar xunto coa Solicitude + Anexo II Bis:
Fotocopia do DNI do alumno e copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros da unidade familiar.
De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Ante calquer dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto no teléfono 886 15 11 88
Normativa
DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación Anexo I
Orde de 21 de octubre de 2022 polo que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedimiento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánicaca 2/2006, do 3 de mayo, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembre de 2022).
Máis información en http://www.edu.xunta.gal
Calendario de aplicación:
1. Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
2. Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
3. Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
4. Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
5. Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
6. Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
7. Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño
VACANTES CURSO 23/24
|
EDUCACIÓN INFANTIL
|
4ºE.I.
VACANTES 23/24
|
A
8
|
B
8
|
C
9
|
5º E.I.
VACANTES 23/24
|
A
9
|
B
8
|
C
8
|
6ºE.I.
VACANTES 23/24
|
A
8
|
B
9
|
C
8
|
|
EDUCACIÓN PRIMARIA
|
CURSOS
|
1º
|
2º
|
3º
|
4º
|
5º
|
6º
|
UNIDADES
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
1
|
VACANTES 23/24
|
7
|
2
|
2
|
9
|
6
|
5
|