Skip to Content

A Modia

E.E.I. A Modia

 

A E.E.I.Modia está situada no lugar da Modia, parroquia de Vilariño, moi preto do CEIP “Enrique Barreiro Piñeiro” ao que está adscrita.

Para chegar a ela dende Cambados só hai que coller a estrada que continúa o Arco do Pazo de Fefiñáns, pasar por debaixo da ponte da Autovía e coller o primeiro ou o segundo cruces á esquerda.

É un edificio de dúas plantas. Á escola perténcenlle toda a planta baixa – dúas aulas comunicadas entre si – e unha das antigas vivendas dos mestres (que agora mesmo serve de oficina e almacén).

A escola acolle a alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, xeralmente atendidos por unha titora.

Igualmente acoden ao longo da semana profesorado de Inglés, Relixión e Moral Católicas, Audición e Linguaxe…

 

A mestra responsable da E.E.I.Modia é Isabel Horro González (Chuli), quen leva na mesma os derradeiros 17 anos, traballando cos tres niveis de Educación Infantil.

O teléfono de contacto da escola é o 686147149 e a dirección de correo electrónico: eei.modia@edu.xunta.es

 

O patio, ben delimitado e pechado, conta cun espazo cuberto para protexernos do sol ou da chuvia miúda, e outro no que temos diversos bambáns.

O centro conta con ordenador (portátil e fixo), conexión a internet, fotocopiadora, pantalla dixital e moitos materiais didácticos especialmente pensados para as idades dos rapaces/as.

As aulas están divididas en dúas zonas – zona tranquila e zona de actividade –. Na primeira temos as mesas de traballo e comida, a biblioteca e xogos que requiren concentración (quebracabezas, ensartes, picado, arxila…), mentres que na segunda zona podemos facer xogos en gran grupo con movemento, xa que temos as colchonetas, cortiza no chan, un gran panel para facer os nosos murais, a pantalla dixital, a televisión, o vídeo e o DVD. Igualmente neste espazo facemos actividades en gran grupo (psicomotricidade, construcións, pintura, e a “casiña”).

Aí van algunha imaxes da nosa escola:

Distribuir contido


by Dr. Radut