Skip to Content

 

     

   

 

     xogade        

 

RESERVA DE PRAZA CENTRO ADSCRITO CURSO 24-25

Dende o día 15 de xaneiro  ata o día 5 de febreiro de 2024 ábrese o prazo para a solicitude de reserva de praza no centro de adscrición para que o alumnado de 6º de Primaria poida continuar os seus estudos obrigatorios. O noso centro adscrito é o IES Francisco Asorey. Este trámite poderase realizar a través de dúas vías:

  • modo presencial no centro: a través da solicitude que se enviará ás familias ou a través da creación do formulario a través da seguinte  Aplicación Admisión Alumnado clicando no menú Solicitudes- Reserva- CrearSe se opta por esta vía, sempre se deberá entregar no centro.
  • modo telemático: a través da aplicación anterior sempre que se dispoña dun certificado dixital ou acreditación válida (chave 365).

Aquel alumnado que non desexe reservar no centro adscrito, deberá consultar os prazos de reserva de praza naquel centro ao que queira optar no vindeiro curso.

 



page | by Dr. Radut