You are hereArtigos / Educación Primaria / 5º Ed. Primaria / Artigos

Artigos


Tarefas Lingua Galega 5º B sticky icon

Moi boas tardes rapaces, espero que estedes levando esta situación o mellor posible.

Déixovos algunhas tarefas para estes días, rematamos co tema 6, para elo imos facer da páxina 96 os exercicios 1, 3 e 5.

Empezamos co tema 7, xa sabendo, como sempre facendo unha lectura comprensiva, entendendo o que lemos e sacando unha idea xeral do texto. Ó remata, facemos, da páxina 100, os exercicios 1, 3, 4, 5, 6 e 7.

Lemos as páxinas de gramática (101 e 102).

Nestes días subirei algúns textos para que poidades continuar traballando, pero de momento, con esto, creo que tendes suficiente.

Un abrazo e moito ánimo!

Tarefas 5ºB Lingua Galega sticky icon

Bo día, para os alumnos de 5ºB, empezamos tema novo. Para mañá mércores, lemos a lectura do tema 6, xa sabedes, dúas veces: a primeira para obter unha idea xeral do texto e a segunda para profundizar algo mais no tema. Subliñai aquel vocabulario que descoñezades, e facei uso do diccionario se é necesario.

A continuación, facemos os exercicios 1, 3, 4 e 6, no caderno; non é necesario que copiedes o enunciado, poñede a data e contestade as preguntas.

Para o xoves, lemos a páxina 87 e 88, de gramática, os demostrativos, e cando rematamos facemos os exercicios dende a mesma páxina, dandolle ó botonciño de arriba de todo, revisadelo antes de entregar e dadeslle a enviar.

Para o venres, adxuntovos un arquivo de comrpensión lectora, podedelo imprimir ou facelo directamente no ordenador, mándovolo en formato word para que o poidades modificar se queredes.

Para aqueles que queirades avanzar un pouco mais, adxúntovos un arquivo de repaso, lembrai que non é obrigatorio facelo, mais estaría moi ben que o fixerades todos, pois venvos moi ben para repasar o dado anteriormente e non esquecer o aprendido. Ó igual que no exercicio anterior, está en formato .doc así que podedes imprimilo ou facelo directamente no ordenador.

Edito: adxunto en formato pdf por se tendes problemas co doc. Saúdos!

 

O SISTEMA SOLAR DE 5ºB sticky icon

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS NOSAS MAQUETAS DO SISTEMA SOLAR

 

 

O alumnado de 5º B, xunto coas súas FAMILIAS, levaron a cabo a elaboración de distintas maquetas do Sistema Solar, contido que estamos a traballar en Ciencias Sociais.

 

PARABÉNS POLO TRABALLO, QUEDARON TODAS ESPECTACULARES!!

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar