You are hereArtigos / Educación Primaria / 5º Ed. Primaria / Artigos

Artigos


Tarefas Galego 5ºB sticky icon

Moi bo luns rapaces! espero que sigades todos ben.

Comezamos este luns de maio con novas tarefas, intentai realizalas na medida do posible, pois en canto poidamos empezarei a pedirvos que mas mandedes para que vos axuden a subir nota nesta 3º avaliación.

Tocan os pronomes persoais, polo que facemos unha lectura comprensiva da páxina 115, e realizamos as actividades 8, 9, 10 e 11 da páxina 116, lembrade que as que non se poidan online deberedes facelas no caderno. Da 117, o 12, 13 e 14. 

Lemos a páxina 118, a diérese, e aplicamos o aprendido nos exercicios 15 e 16.

Adxúntovos un par de documentos psra que os fagades se vos da tempo.

Un abrazo!

Tarefas Galego 5ºB sticky icon

Bo dia mozos e mozas! Espero que estedes todos ben, e moito mellor agora que xa podedes pisa-las rúas!

Vamos a polas tarefas desta semana: quedaramos en que esta semana empezabamos o tema 8, así que vamos alá.

Comezamos lendo a lectura das páxinas 112 e 113, e realizamos os exercicios 1, 2, 4, 5, 6, e 7 da páxina 114.

Eso mais un par de documentos de repaso que vos adxunto se vos da tempo, vale?

Un abrazo a todos!!

Tarefas Lingua Galega 5ºB (27Abril) sticky icon

Moi bo día rapaces! Cómo estades? espero que todos ben, e con mais ánimo agora que parece que podedes pasear con algo mais de liberdade.

Mándovos as tarefas para esta semana. Empezamos coa páxina 109, pareceme interesante os exercicios que propón, así que vamos a facelos, ámbolos dous: o do debuxo e o da eficacia lectora.

Da páxina 110, o 1, 2, 3, e 4. Da 110 só o exercicio 3. E remataríamos co Tema 7. A semana que ven empezamos co 8.

Non vos preocupedes polos exercicios sen correxir, intentai facelos o mellor que poidades, a idea principal é axudarvos a manter a rutina e non desconectar moito das clases, así que con calma e pouco a pouco.

Déixovos, coma sempre, un texto de comprensión lectora e actividades de repaso.

Un abrazo!

Tarefas galego 5º B sticky icon

Bo día mozos e mozas! 

Tarefas para esta semana que entra, lemos a páxina 105 do Tema 7, e facemos os exercicios 19 e 20. Da páxina 106 facemos os exercicios 22, 23, 25 e 26 (no caderno), sede minuciosos nas descripcións e usai o maior número de adxectivos que poidades, isto axudaravos a ampliar e enriquecer o voso vocabulario.

Lemos a páxina 107 e realizamos a tarefa 28.

Adxunto unha tarefa de comprensión lectora e outra de repaso.

Un saúdo!

 

 

Tarefas Lingua Galega 5ºB sticky icon

Moi boa tarde mozos e mozas, espero que estedes todos ben e pasárades unha boa Semana Santa (dentro do que as circunstancias permiten). 

Dado que seguimos con esta situación ata final de mes, mándovos exercicios para que poidades traballar algo nestes días, tomaino con calma, sen agobios e pouco a pouco, de acordo?

Vamos avanzar algo mais no tema 7, así que facemos os exercicios 8, 9, 10, 12, 13 e 14 das páxinas de gramática (102 e 103).

Lemos a páxina de ortografñia, co uso do v, e facemos os exercicios 15, 16 e 17.

Adxúntovos un par de documentos, un de repaso e outro de comprensión lectora.

E como xa sabedes, aproveitade este confinamento para ler, debuxar, escribir, aprender a cociñar, facer postres, xogar, calcetar, coser, pintar ....o que se vos ocurra para ter a cabeciña activa e mais disfrutedes. 

Un abrazo moi grande.

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar