You are hereArtigos / ANPA / Artigos

Artigos


A ANPA INFORMA sticky icon

 

Tralas xestións de esta semana, comunícannos dende a Administración que se concede un docente mais para o noso centro que se incorporará o longo de este mes de Setembro, aínda que non é a solución ás necesidades do desdobre de terceiro, decidimos agardar á materialización de esta medida para seguir coas nosas reivindicacións, polo que mañá NON se convocará a xornada de protesta.

*Comunicamos que mañá, xoves 12 de Setembro de 2024, as familias do grupo de terceiro vanse xuntar na hora da entrada diante do colexio, como medida de protesta.

Paramos polas nosas crianzas sticky icon

 

            Dende  a ANPA e en colaboración cun grupo de nais do noso cole, convocamos a un parón o vindeiro mércores 11/09/2024 de media hora (de 8.55h  a 9:30h) diante do centro.

O  motivo da protesta son os recortes os que está sometido o ensino público dende vai tempo, e de forma máis dura este curso.

            Por un lado, como sabedes, este curso unificarónse dúas clases de terceiro, non respetando as ratios das aulas, xa que son 26 alumnas tendo en conta as necesidades educativas especiais.

            Por outra banda, a reducción do horario lectivo, dificulta a cobertura e organización do centro, repercutindo directamente na atención das nosas crianzas.

            Polo tanto, pedimos a Consellería que manteñan os acordos recollidos na resolucion do 10 de xaneiro do 2024, onde se recolle a reducción das ratios e a necesidade das medidas compensatorias frente a reducción da carga lectiva do profesorado.

 

            Súmate a nosa protesta, xa que é a de tod@s, por un ensino público e de calidade (se queres trae a túa pancarta) .

Entre tod@s podemos conseguilo!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 24 - 25 sticky icon

As actividades extraescolares da ANPA para o curso 24 - 25 son as seguintes:

- Luns e Venrres: Estimulación Creativa*, imparte Lucía Lobelle

- Martes: Inglés Primaria, imparte Sara Seijas

- Mércores: Baile Urbano, imparte Isabel Robles

- Xoves: Inglés Infantil, imparte Sara Seijas

 

*Estimulación Creativa: estimulación da creatividade a través do achegamento a artistas da historia da arte e as súas expresións artísticas, a práctica de diversas técnicas e estilos artísticos, coñecemento de materiais, ferramentas da arte e compoñentes da expresión plástica.

 

Todas elas se impartirán de 15 a 16 horas.

Lotería de Nadal da ANPA sticky icon

 

Lotería de Nadal da ANPA.

Persoas interesadas poñerse en contacto con calquera da ANPA (Bea, Sara, María ou Susana) para reservar. Moitas grazas!

 

PROXECTOS

A

  A

 

Enlace Aula Virtual

Punto Laranxa contra o acoso escolar