AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Aberto do 20 de maio ata o 19 de xuño
Prégase SOLICITAR CITA PREVIA para a tramitación das solicitudes a través do teléfono 886 151 901.
Para PRESENTAR UNHA SOLICITUDE deberá entrar na aplicación Fondolibros e seguir os pasos descritos no manual de usuario para os cidadáns:
1. Acceder a fondolibros con usuario de Chave 365, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita .
2. Unha vez identificado o usuario accederá á pantalla para a creación de novas solicitudes a través da opción de menú “Cidadán”. Nesta pantalla mostrarase tamén a lista das súas solicitudes de existir e o botón para “crear unha nova solicitude”.
3. Unha vez cuberto o formulario da solicitude poderá optar por:
Nembargantes para quen o queira cubrir a man pode descárgalo (Anexo I e Anexo II) e cubrilo de xeito manual.
CÁLCULO DA RENDA: como calcular a renda per cápita da unidade familiar.
ACLARACIÓNS:
- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
- Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.
- A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado.
DOCUMENTACIÓN para a presentación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DOCUMENTACIÓN.pdf | 9.63 KB |
RENDA.jpg | 164.75 KB |