CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Novas

CALENDARIO MERENDAS SAUDABLES

Para poder ver as recomendacións para as merendas saudables deste curso 2022-2023 pica no seguinte enlace:

Flecha hacia abajo - Iconos gratis de flechas

https://drive.google.com/file/d/11U0kDBKf51KLoNBv0NlnQ-hXIlJq8cbw/view?usp=sharing

 

IES A BASELLA: PROCESO DE ADMISIÓN 1º ESO DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA PROCEDER Á BAREMACIÓN

PROCESO DE ADMISIÓN 1º ESO NO IES A BASELLA E DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA PROCEDER Á BAREMACIÓN

As familias que presentastes a reserva de praza no IES A Basella, debido a que a demanda de prazas escolares para 1º de ESO é superior á oferta, é necesario presentedes a solicitude de Admisión, na forma e prazo establecido.

As persoas solicitantes de praza teñen que presentar, ademais da solicitude de admisión, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante. Esta documentación entregarase de forma presencial, no Instituto, e en concreto débese presentar:

- Certificación do padrón municipal de habitantes, no que debe constar o domicilio familiar e os membros da familia que conviven nel e data de alta na vivenda.

- Facer constar no Anexo II presentado, a cantidade correspondente da declaración do IRPF.

Ademais, para proceder á valoración da renda per cápita da unidade familiar, as persoas interesadas deberán facer constar a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar, no caso de declaración individual. A tal efecto constará a cantidade que resulte da suma das casiñas 435 e 460 da declaración do IRPF do ano 2020. Cando non presente a declaración do IRPF, constarán os ingresos segundo os datos tributarios que facilite a Axencia Estatal de Administración Tributaria. Esta cantidade dividirase polo número de membros da unidade familiar.

- Documentación xustificativa dos criterios do baremo a valorar, para establecer a puntuación correspondente (según establece o anexo II)

PRAZOS DE PRESENTACIÓN E PUBLICACIÓN

Solicitude de admisión (aplicación admisionalumnado): do 1 ata o 21 de marzo.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o 8 de abril de 2022.

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril de 2022.

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio de 2022.

NORMATIVA APLICABLE E MANUAIS PARA AS FAMILIAS

Charla- Obradoiro

Os días 7 e 8 de outubro, celebrarase na escola unha charla e obradoiro coa seguinte temática: 

QUE É UN REFUXIO DE ANIMAIS?

INFORMACIÓN SOBRE AS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias,

logo de publicarse a ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/20,

informar que está aberto o prazo para a solicitude de axudas para adquirir material escolar para o curso 2019/20.

Os impresos e a información atópase á vosa disposición na conserxería do centro ou tamén se poden descargar nos seguintes enlaces:

  • Para presentación electrónica, entre nesta aplicación premendo o botón na esquina superior dereita da pantalla ou facendo clic aquí.
  • Para presentación presencialenlace a Anexo I e II
  • Para máis información na sede electrónica da Xunta de Galicia: enlace
  • Manual de usuario para os cidadáns: enlace

A contía da axuda será de 50€ e está destinada a familias con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€ (exercicio 2017)

 

Distribuir contido