CEIP DE VIÑAGRANDE-DEIRO

Secretaría, Admisión e matrícula, Calendario escolar, Fondolibros

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA CURSO 2021-2022

 Do 20 ao 30 de xuño

 

Prégase solicitar cita previa para a tramitación das solicitudes a través do teléfono 886 151 902.  

 

DOCUMENTACIÓN

 ·Documento de formalización de matrícula (anexo III).

 ·Informe médico sanitario (vacinas e alerxias).

 ·Fototopia da tarxeta sanitaria.

 ·Fotocopia  DNI da nai, pai e alumna/o.

 ·Fotocopia do libro de familia.

 ·Dúas fotografías tamaño carnet.

 ·Solicitude, no seu caso, de transporte escolar e volante de empadroamento.

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

 Do 21 de maio ao 22 de xuño

 

Prégase solicitar cita previa para a tramitación das solicitudes a través do teléfono 886 151 902.  

 

Como podo presentar a solicitude?

  -Cubrir os anexos I e II (descargar), chamar ao centro para pedir cita previa e presentala asinada no centro.

  -Cubrir a solicitude e asinala na Sede Electrónica: acceder no sistema fondolibros (enlace) co usuario de Chave 365 ou con certificado dixital (manual).

 

Documentación:

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

 a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 1º. Certificado ou volante de convivencia.

 2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Nos casos especiais en que a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde, achegarase un certificado ou volante de convivencia en que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.

 d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

 e) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

 ACLARACIÓNS:

 - A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, en que se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2021/22. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno aínda que estean no mesmo centro.

 Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.

 En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito indicando en cal desexa que se tramite.

 - A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude.

LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO

 

Seguindo a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, xa están publicadas as listaxes definitivas do alumnado admitido no interior do centro. TODO o alumnado que presentou a solicitude de admisión no CEIP de Viñagrande-Deiro foi admitido.

 

A FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA en Educación Infantil e Primaria será do 20 ao 30 de xuño. O alumnado que xa estivo matriculado no centro durante o curso 2020/2021 non ten que facer este trámite.

 

 

 

Distribuir contido