Skip to Content

REBORRADIO 

 

celebracions

Día da Muller , 8 marzo

 

Cada 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller co fin de conmemorar a loita das mulleres pola igualdade de xénero.

Este ano quixemos facer unha pequena homenaxe a GRANDES MULLERES  que destacaron na súa profesión: Isabel Zendal, Maruja Mallo, Encarnación Cabré, Wangari Maathai, Antonia Ferrín, Heidi Lamarck, Clara Campoamor, Maria Telkes y Millicent Patrick.

Sabemos que non están todas as que son, que hai moitísimas máis entre as que podemos destacar as nosas avoas, nais ... e   este ano de pandemia médicas, enfermeiras...Para todas elas o noso recoñecemento.

 

Teus doces cantares

O 24 de febreiro, celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida a celebrar este día baixo o lema " Teus doces cantares".

Podedes empezar escoitando "Rosalía pequeniña" , o  libro-disco de Uxía, ilustrado por Marina Seoane.

Desde a AELG convidannos a participar no festexo de Rosalía de Castro a través das seguintes propostas:

  • The Lelli Kellies ofrécenos unha pequena versión e coreografía para  reproducir a letra dun poema de Rosalía.

 

  • Un "Draw My Life" narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria do Colexio San Pío X (Ourense). As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019 polo equipo "TikTak Draw" de YouTube, e que lle outorgou autorización ao Colexio. Tamén contaron coa axuda da Fundación Rosalía de Castro, que participou na revisión dos datos biográficos .

            

 

E para rematar , este xogo de "escapismo" para coñecer a   Rosalía...

11 febreiro: Día Internacional da Muller e Nena na Ciencia

No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.
A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas.

Esta é unha data na que cada ano  traballamos  na biblioteca cara a paliar a brecha de xénero nos sectores STEAM. 

Neste vídeo podedes coñecer a algunhas científicas e buscar máis información consultando na biblioteca.
 
 
 
        
 
 

 

 

Mes da Ciencia en Galego

 Coa celebración do "Mes da Ciencia en Galego" preténdese,dende fai anos, resaltar as oportunidades que ofrece a biblioteca  para o traballo das áreas científicas.

"O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha
oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola
maxia dos libros e do coñecemento que atesouran.
Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva
e, sen que un se decate, pode acabar gozando da
lectura todos os días do ano"
 
Con estas palabras remata  o Manifiesto deste ano de Xurxo Mariño Alfonso.
.

 

Lecturas ás escuras.

Dende hai anos , celebramos o Samaín no noso cole.

Esta festa de orixe celta,  celebra a chegada dunha nova

estación e o inicio do ano novo celta.

Ao longo de toda a semana o alumnado realizou unha lectura

" ás escuras" de contos terroríficos.


                   Alumnado lendo "ás escuras" contos terroríficos.

 

24 de outubro, Día da Biblioteca

O Día da Biblioteca celébrase cada 24 de outubro desde o ano 1977. Este día naceu por iniciativa da "Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil" co obxectivo de concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/as.

Desde outubro de 2008, a Consellería de Educación edita un cartel específico para celebrar este Día da Biblioteca tamén nas Bibliotecas Escolares, cun lema para dar a coñecer e difundir as múltiples oportunidades que ofrece unha biblioteca escolar activa, e que este ano foi interpretado pola ilustradora Nuria Díaz.

No centro celebramos este día realizando diferentes actividades na biblioteca.

 

                       Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria realizan un "bingo" .

 

Distribuir contido


by Dr. Radut