Skip to Content

REBORRADIO 

 

Lectura e Familias

LENDO XUNTOS NO VERÁN.

Xa nos achegamos ao fin deste curso 2023 - 2024... e a Tepoteca pecha para labores de mantemento.

Non marcha sen deixarvos unhas recomendacións para estas vacacións de verán.

Disfrutade moito e... boas lecturas!

Tepo e Tepa estarán de volta con todos vós o 11 de setembro.

 

 
 
 
 
 
 

AVENTURAS NO MONTE ALOIA: LECTURA E FAMILIAS.

E rematando xa o noso proxecto de centro, os nenos e nenas de 6º de infantil e as súas familias queren compartir con todos nós este fabuloso conto.

As aventuras no monte Aloia é unha historia compartida chea de ilusións, ilusións pola lectura e ilusións por compartir momentos en familia.

Grazas, familias, polas vosas achegas e a vosa implicación neste proxecto!

Parabéns a todos e todas!

 
 
 
 
 
 

A MAXIA DO TEATRO

E neste curso tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria vivenciar a maxia do teatro, unha actividade que leva tempo preparar, pero onde se traballan moitísimos aspectos importantes para a nosa rapazada.

Co teatro, fomentamos a creatividade e a imaxinación, xa que temos que crear un atrezzo e un escenario. Desenvolvemos habilidades sociais e emocionais, xa que todos somos importantes, todos témonos que axudar e adaptar aos nosos compañeiros de escena cando representamos o papel. Melloramos a concentración e atención, ademais de estimular a expresión e a comunicación e, o mellor de todo, realizáse nun ambiente de diversión, onde rimos moito, moitísimo!

A obra representada foi unha adaptación do conto "ALCALDESA VERMELLA" do HEMATOCRÍTICO, mostrando así a nosa humilde homenaxe a un gran escritor, que a pesar de deixarnos, sempre estará presente entre nós a través das lecturas.

Preme na foto, ou AQUÍ, se queres ver a obra e vivir a emoción do teatro con eles e elas

Pasámolo xenial e as familias puideron gozar desta obra tan fantástica.

 

OS NOSOS LIBROS 5 ESTRELAS.

As familias de Rebordáns compartiron coa Tepoteca aqueles libros que consideraron 5 estrelas.

Clicade na imaxe e veredes a gran variedade de títulos que saíron!

 
 
 

MOCHILAS VIAXEIRAS DE VOLTA Á TEPOTECA

Despois da andaina polas familias de Rebordáns, as mochilas viaxeiras xa están de volta na Tepoteca.

Parabéns pola vosa participación e esperamos que as gozarades moito.

Tepo e Tepa xa están buscando novos títulos para o vindeiro curso.

 
 

O NOSO LIBRO FAVORITO EN GALEGO

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria queren compartir con nós as súas lecturas en galego favoritas.

Clicade na imaxe para ver o vídeo!

Parabéns, rapazada!

 
 
 

PINTIÑAS, NOVA COMPAÑEIRA DE TEPO E TEPA.

O alumnado de primeiro de primaria tivo a sorte de coñecer a Pintiñas, unha boa amiga de Tepo e Tepa.

Xuntos e xuntas compartiron aventuras e pasaron moi bos momentos. Todos eles foron plasmados nun magnífico Diario. Se queredes botarlle un ollo... xa sabedes, pasade pola Tepoteca.

Grazas, familias, pola vosa participación nesta actividade.

 
 
 
 

NOVIDADES NA TEPOTECA

 
 
 
 

OS NOSOS CONTOS BUSCAN VOZ.

Dentro do programa Lectura e Familias, presentámosvos a actividade Os nosos contos buscan voz.

Moitísimas grazas a todas as familias participantes.

Tepo e Tepa están encantados de compartir momentos de lectura con vós.

Vémonos pronto!

 

LECTURA E FAMILIA: O LIBRO MÁXICO CON MIGALLAS

O pasado 16 de abril, grazas ao programa Lectura e Familias, tivemos a sorte de poder contar na Tepoteca co espectáculo O libro máxico de Migallas Teatro.

Familias, estivemos encantados de vervos compartindo risas na nosa biblioteca.

No espectáculo uníronse narración, música e teatro. Desexando repetir o vindeiro curso.

Grazas, María e Carlos.

 
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut