Orientación, lexislación, Audición e linguaxe, Pedagoxía Terapéutica., Departamento, Novas, Recursos

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA

 

 

Hoxe 15 de maio conmemorase o DÍA DA FAMILIA

 

 

 

 

Este ano, dada a situación que nos tocou vivir a consecuencia da pandemia, a palabra FAMILIA cobra máis sentido que nunca, pois son elas as que se ven obrigadas a protexer aos membros da súa familia, de coidar os seus fillos e fillas que non poden acudir ao colexio e en moitos casos continuar coas súas responsabilidades laborais.

 

 

 

O concepto de familia foi mudando nas últimas décadas, polo que dar unha definición de familia non é unha tarefa sinxela, pois cada fogar presenta unha realidade distinta, pero todas elas son únicas e especiais.

As Nacións Unidas considera que a familia constitúe a unidade básica da sociedade.

 

Desde o Departamento de Orientación compartimos con vós un conto relacionado con esta temática:

POR UN PUÑADO DE BOTONES

 

Un conto que transmite dun xeito moi visual, sinxelo e directa os distintos tipos de familia que existen a sociedade actual.

 

DESFRUTÁDEO

 

 

 

 

Gustouvos??

Agora propóñovos un reto ou actividade:

FACER A VOSA FAMILIA DE BOTÓNS

Con botóns que teñades pola casa, e ao igual que no conto, creade a vosa familia.

Se non tes botóns, non te preocupes: PODES DEBUXALOS.

Deixade voar a vosa imaxinación e creatividade para ser o máis orixinal posibles. Estou segura do ben que vos quedará.

Se queredes compartir o resultado, non o dubides, manda unha foto ao correo do cole:

ceip.arzua@edu.xunta.es

Estarei encantada de ver os vosos traballos.

 

FELIZ DÍA FAMILIAS

DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA

O venres, 15 de maio, celébrase o Día Internacional da Familia. Sabedes por que? Pois este día naceu para recordar que a familia é o máis importante. Ela é a que nos acompaña no noso crecemento como persoa.

No conto que vai adxunto, adicado á familia, veremos como hoxe en día hai moitos tipos de familias, todas moi diferentes pero moi válidas. E a mellor, a nosa por suposto.

Espero que disfrutedes con este traballo que fixemos un grupo de mestras de pt en Aulas Galegas. Se vos presta, podedes indagar en ela que hai moitas tarefas moi divertidas.

RECORDADE: DISFRUTADE E COIDADE A VOSA FAMILIA QUE É A MELLOR.

Vémonos moi pronto 

Saúdos da profe Ana de PT

CONSELLOS PARA UN ESTUDO EFICAZ

 

Hoxe comparto unha serie de pautas de gran utilidade para organizar o noso estudo, de xeito que este sexa eficaz.

 

PARA ACCEDER AO RECURSO CLICA NA IMAXE

 

Material para o alumnado de 1º

Ola a tod@s. Hoxe envíovos un novo xogo, o xogo das parellas. Xa os fixemos moitas veces na clase, pero con distintas imaxes. Lembrádevos de nomear as imaxes.

R FORTE

FONEMA S

R SUAVE

FONEMA Z, CE CI

 

Material para o alumnado de 5 anos A-B

Hoxe envíovos este xogo das parellas para que repasedes os distintos fonemas. Lembrade que tedes que nomear as imaxes.

Material para o alumnado de 4 anos A

Ola a todos e todas. Hoxe envíovos este xogo das parellas para que practiquedes o r forte. Non vos esquezades de nomear todas as imaxes.

A MIÑA CÁPSULA DO TEMPO

 

Ola a todos e todas

 

Sen dúbida o 2020 será un ano que pasará a historia pola situación que nos tocou vivir a todos e todas como consecuencia da pandemia do Covid-19.

Por iso hoxe traio unha proposta que me parece moi interesante para facer en familia:

 

FACER UNHA CÁPSULA DO TEMPO

 

Pero...Que é unha cápsula do tempo?

Unha cápsula do tempo, neste caso, é un documento que recolle os nosos pensamentos e situacións neste momento concreto que estamos vivindo e que esconderemos á espera de ser aberto no futuro

 

 

  1. Descarga o documento clicando na imaxe.
  2. Mírao con calma e tómate o teu tempo para respondelo, seguramente che levará varios días.
  3. Unha vez rematado, repásao, quizais haxa cousas que queiras cambiar.
  4. Finalmente gárdao nun lugar secreto e pon unha data para rescatalo o curso que ven cando nos vexamos.

 

Moi importante, lembra ese lugar secreto para poder rescatar a nosa cápsula do tempo pasados os anos, seguro que nos gustará saber que pensabamos e como nos sentíamos nestes momento.

 

 

MOITO ÁNIMO

 

FRANJAS HORARIAS PARA AS SAÍDAS

Ola de novo

 

Como xa sabemos, e levamos desfrutando, desde o día 2 de maio podemos saír á rúa a facer deporte ou pasear, iso si: 

 

SEGUINDO SEMPRE AS INDICACIÓNS SANITARIAS E DO GOBERNO

 

Hoxe comparto con vós un material onde precisamente nos fala de isto.

 

Agardo que sexa do voso interese

 

 

PODES ACCEDER A EL CLICANDO NA IMAXE

 

RECOMENDACIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS TAREFAS

 

 

 

 

 

Material para o alumnado de 1º

Imos seguir repasando os fonemas coas ocas. Recordade que tedes que nomear cada unha das imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet