Complementarias

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

O DIA DAS LETRAS GALEGAS, QUE ESTE ANO 2016 ADICOUSELLE A MANUEL MARÍA, ESTIVO CHEO DE DIVERSAS ACTIVIDADES LÚDICAS, CULTURAIS....  E COMO REMATE FINAL DESTA CELEBRACIÓN ANUAL, ASISTIMOS NO NOSO SALÓN DE ACTOS A ACTUACIÓN DE FRAN REI, QUEN REPRESENTOU A OBRA DE MANUEL MARÍAS: O CONTO DE BARRIGA VERDE.

MAGOSTO 2016-17

O 4 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO NOSO COLEXIO O MAGOSTO.

OS ALUMN@S DE 2º DE E.P MÓSTRANNOS NESTE PANEL, AS CASTAÑAS DO NOSO MAGOSTO, UNHAS CASTAÑAS MOI CHARLATANAS QUE RECITAN POEMAS E CANTAN CANTIGAS TRADICONAIS DESTA FESTA.

 

TAMÉN ADORNAMOS O NOSO COLE... TOMA CASTAÑA!!

 

E XOGAMOS NO PATIO A MOITOS XOGOS TRADICIONAIS: 

E POR SUPOSTO COMIMOS UN MONTON DE CASTAÑAS ASADAS...ESTABAN BOÍSIMAS!!!!

 

SAMAÍN 2016-17

O 28 DE OUTUBRO CELEBRAMOLO SAMAÍN NO NOSO COLEXIO CON UN MONTÓN DE ACTIVIDADES, (DISFRACES, CONTACONTOS,CONCURSO DE CONTOS DE MEDOS, MANUALIDADES...)

NO NOSO PANEL PRINCIPAL DO CENTRO OS NENOS DE 1º DE EP PRESÉNTANNOS MOI BOS CONSELLOS PARA SUPERAR OS MEDOS....CON BICOS, CARICIAS, AMIZADE....

ASÍ QUE XA SABES, FÓRA MEDOS E A DESFRUTAR!!!!

 

ADEMAIS A NOSA BIBLIOTECA AMBIENTOUSE PARA A OCASIÓN...

QUE VOS PARECE???

 

EN EDUCACIÓN INFANTIL, RECIBIMOS A VISITA DA BRUXA CURUXA QUE NOS CONTOU UN CONTO HORRIPILANTE, PERO NON VOS ASUSTEDES, CURUXA É UNHA BRUXA BOA QUE DEUNOS CARAMELOS PARA TODOS!!!

Samaín

...e por fin chegou a noite do Samaín ou Halloween.

Antes de nada, graciñas ás familias por achegarnos as cabazas que nos fixeron poñer os pelos de punta cos sustos que levamos...están xenial!

Ademáis de cabazas, ao longo desta semana atopamos no cole todo tipo de seres terroríficos nos recunchos máis insospeitados.

Para ver as fotos de como festexamos o Samaín preme na foto

 

Deixovos un conto para que sigades pasándoo de meeeedoooo ...

Contos para falar

O pasado xoves día 8 os nenos e nenas de 4 e 5 anos e o primeiro ciclo de primaria fomos á Casa da Cultura de Arzúa  para desfrutar dunha sesión de contacontos da man do Equipo Rodeira, na que ademáis de escoitar, tamén cantamos e bailamos.

Ao rematar agasalláronnos cun conto e un CD para recordar as cancións que nos ensinaron!!!

Para ver algunha imaxe do ben co pasamos preme aquí

 

Imos á opera

No mes de novembro o alumnado de primaria irá ao Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) a ver unha versión do conto A Cincenta feita ópera polo grande compositor Rossini.

Asistir a unha representación de ópera en directo é a mellor maneira de entender e disfrutar desta forma de arte total. Ese día contaxiarémonos dos sentimentos e das emocións das persoaxes a través da música,...estamos desexando ir xa!!

Mirade na táboa os días que irá cada curso:

1º e 2º curso de primaria  10 novembro
 3º e 4º curso de primaria  9 novembro
 5º e 6º curso de primaria  11 novembro

Deixámosvos un pouco de ópera para que vaiades entrenando o oído (está en italiano pero nós verémola en castelán)

 

 

SAÍDA DE 5ºA E 5ºB AO ABELLEIRO E CENTRAL ELÉCTRICA EN DOMBODÁN

As rapazas e rapaces de 5º nivel poidemos disfrutar  dunha saída educativa, e tamén de actividades de lecer ao longo de todo o día en Dombodán, visitando a "Central Eléctrica e o Museo Vivente do Mel". Visitamos tamén a área recreativa do embalse, a capaela de o muiño da Fontesanta. Podedes ollar as fotografías de toda a xornadadende aquí. 

Glosario Medievo

                

Non podía faltar como resumo do traballo do Medievo, a elaboración dun gran libro-glosario. Os alumnos-as das distintas titorías, escriben nun pergamino o significado de palabras relacionadas co tema elexido e visitarán a biblioteca para incluilas no glosario. .

A nosa visita ao Parlamento Galego

Os nenos do 2º ciclo disfrutaron ,¡xa veredes!, da visita ao Parlamento un día pola mañá do primeiro trimestre.

DSC01243.JPG

Powered by Drupal - Design by artinet