Medioambiente e Saúde

ENFERMEIR@S DE PEDIATRÍA POR UN DIA!

Hoxe , Dende a nosa aula de 3 anos quixemos sumarnos a iniciativa proposta dende a CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS que nos animaba a participar na iniciativa de Pediatras e Matronas Xa, unha asociación sen ánimo de lucro que loita polos servizos sanitarios dos cativos e cativas.

Tratàbase de vir hoxe ao cole disfrazad@ de pediatra/matrona... , Traer algo blanco que o simbolizara ou mesmo vir ao cole con algún material que utiliza a nosa pediatra.

 

Nós , como equipo, decidimos converternos n@s mellores enfermeir@s  de  pediatría dispost@s a acudir a calquer emerxencia sanitaria!

Para iso , ademáis de participar dende a casa as familias, na escola elaboramos o noso propio gorro de enfermeir@s e o nosos Carnet identificativo para converternos en grandes profesionais da saúde! 

COÑEZO O MEU CORPO

En este segundo trimestre e relacionandoo co tema de este ano :MEDIO AMBIENTE E SAÚDE" na nosa aula estamos a traballar o proxecto "COÑEZO O MEU CORPO", no que traballaremos as principais partes do corpo, as nosas diferencias e a importancia dunha boa alimentación e boas prácticas deportivas para mantelo forte e san.

Durante esta semana traballamos as partes da cara a través dun xogo que nós mesmos fixemos e co que agora podemos practicar e xogar á vez que aprendemos:

O NOSO PROPIO ROMPECABEZAS COAS PARTES DA CARA.

Con esta actividade traballamos ademais a igualdade , xa que cada un/ha o coloreou ao seu gusto saíndo cousiñas moi diversas que nos axudou a traballar as nosas diferencias e a fomentar o respeto por tod@s e cada un de nós.

 

 

        

 

Ademais estamos aprendendo o baile dunha canción que nos gusta moito!

Movemos o noso corpo todos os dias para estar en forma e manternos fortes e sans!

https://youtu.be/z6DoPp-LkTA

 

 

 

 

 

 

 

 

AS FLORES RADIOACTIVAS de AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ- 5º A

O alumnado de 5º A acaba de ler "As flores radioactivas" de Agustín Fernández Paz. Este libro escolleuse en relación coa temática deste ano "Medioambiente e saúde" e serviunos para estudar as distintas formas de enerxía e aprender unha morea de cousas sobre a enerxía nuclear; unha forma de enerxía non renovable. 

     

Despois de facer un traballo de investigación, imos deixarvos aquí o que descubrimos...

SABÍAS QUE…?

  • A enerxía nuclear é unha forma de enerxía non renovable que se obtén a partir do uranio e o plutonio.
  • En marzo de 2011 produciuse un accidente na central nuclear de Fukushima, en Xapón; e en 1986 xa houbera outro moi importante na central nuclear de Chernóbil (norte de Ucrania).
  • A enerxía nuclear prodúcese pola rotura do núcleo dos átomos de uranio ou plutonio (materiais altamente radioactivos).
  • Na década dos anos setenta do século XX comezaron a desenvolverse outras enerxías alternativas, a partir de recursos renovables, como a enerxía eólica e a enerxía solar.
  • As primeiras centrais nucleares construíronse en Estados Unidos no ano 1951 e na antiga URSS no ano 1964.
  • Entre 1967 e 1982 botáronse ao mar 94.800 toneladas de residuos radioactivos.
  • Moitos países europeos botaron os seus residuos radioactivos na chamada “Fosa Atlántica”, unha zona que queda a unhas 300 millas do cabo Fisterra.
  • Na “Fosa Atlántica” continúan mergullados preto de 140.000 toneladas de residuos radioactivos.
  • Os residuos radioactivos seguen sendo perigosos durante miles de anos.
  • En España hai 8 centrais nucleares, das cales seguen funcionando cinco.
  • O principal uso da enerxía nuclear é a produción de enerxía eléctrica, pero unha das principais desvantaxes desta forma de enerxía é que os residuos que xera son moi perigosos.

A maioría do alumnado manifestou non saber nada acerca dos residuos radioactivos que se xeran nunha central nuclear e tampouco que podían resultar tan perigosos.

Este libro abriu na clase o debate sobre que formas de enerxía son mellores para o ser humano. Estas son algunhas das enerxías renovables que poden substituír a enerxía nuclear:

   

  

 

 

IMPORTANCIA DA AUGA NOS ECOSISTEMAS

O alumnado de 5º E. Primaria leu este libro de banda deseñada "De quen é a auga?". A través del entendeu a importancia de administrar ben o consumo da auga e a súa importancia nos ecosistemas. 

Esta lectura enmárcase dentro do proxecto vertebrador deste curso "O medio ambiente e a saúde".

Convidámosvos a lelo:

 PREME AQUÍ

SABÍAS QUE...?

  • Non é o mesmo depurar a auga que potabilizala.
  • Custa máis diñeiro depurar a auga canto máis sucia está. 
  • Unha parte do recibo da auga destínase á depuración da mesma.
  • Botar esterco ou xurro de máis na terra pode estragar os acuíferos.
  • En Galicia gástase na casa entre 150 e 250 litros de auga por persoa e día. 

Estas e outras cuestións tan interesantes sobre o uso da auga trátanse neste libro. 

Nós quixemos plasmar isto nuns debuxos. Deixámosvos aquí unha pequena mostra deles.

   

  

Powered by Drupal - Design by artinet