Dende que sementamos ata o día de hoxe ás nosas plantas foron medrando, cada semente dunha maneira distinta. Todos os días observamos os cambios que van acontecendo e traballando diferentes especies con esta actividade:
- 9 fabas
- 9 lentellas
- 9 garavanzos
- 9 cabazas
Hoxe faremos unha gráfica, un diagrama de barras, onde cada alumno/a recollerá os pertinentes datos: será unha táboa de dobre entrada, por un lado as plantas e por outro as medidas acadadas neste periodo de tempo.
Aproveitamos tamén para deixar constancia do desenvolvemento gráfico dunha semente, unha faba, despois dun proceso de investigación: