VIXÉSIMO SEGUNDA ENTREGA DE MOCHILEIROS/AS POLO MUNDO en 2ºEP

Xa quedan poucas entregas para rematar este proxecto que tanto nos gusta!

Esta vez viaxaremos a tres destinos moi diferentes: Xapón, Dinamarca e Romanía.

Tomás de 2ºB levounos de viaxe a DINAMARCA, un país nórdico moi interesante e cuna dos LEGOS. Posúe os dous parques de atraccións mais antigos de Europa, por exemplo o Tívoli.

Degustamos as galletas típicas danesa moi saborosas e feita s con manteiga.

   

Valeria de 2ºA levounos a ROMANÍA, un país do leste de Europa e cuna do conde Drácula que viviá nun castelo neste país que non podes deixar de visitar.

  

E trouxo tres productos típicos deste país para a degustación como galletas de cacao con vainilla, pasteis de canela e unha especie de palomitas de moitas cores, ademais de recordos da visita como un imán e unha bandeira chaveiro.

 

Breixo de 2ºA levounos ata un país coñecido como o país do sol nacente, por iso na súa bandeira hai un circulo vermello que representa o sol, XAPÓN. Neste país adoran a Buda, o kárate, os debuxos manga e as series de debuxos animados mundialmente coñecidos como Pokemom, Doraemón...

  

Tróunos para probar mochis, unha especie de pastel xaponés feito de mochigome, un pequeno gran de arroz glutinoso machacado.

E como recordo da fermosa viaxe ao país nipón:

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet