VISITA Á RESIDENCIA SAN JOSÉ DE ARZÚA

Esta mañá, 20 de decembro, fixemos unha saída co alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria para visitar a Residencia San José de Arzúa. As nenas e nenos do noso colexio, prepararon unhas panxoliñas con moito agarimo, para cantárllelas aos anciáns desta Residencia.

Cando atravesamos a porta do centro, cada neno e cada nena foise sentando no chan, esperando a súa quenda para cantar. Ao sinal da profe Cristina foron intervindo e deleitando aos que estaban presentes coas súas cancións e coreografías. 

Estas fotos corresponden a distintos momentos da actuación.

  

 

   

Unha vez rematada a actuación, un grupo de residentes interpretou un par de panxoliñas e o noso alumnado transformouse, durante un intre, en espectador.

 

Foi marabilloso presenciar este encontro de dúas xeracións que compartiron emocións e sentimentos arredor destas festas tan entrañables e familiares.

Para finalizar este acto, fíxoselle entrega a cada residente dunha postal elaborada polo alumnado  do noso colexio e eles e elas entregáronnos unha manualidade.Tamén ao despedirnos, repartiron uns caramelos e piruletas que fixeron as ledicias de todos e todas.

Moitas grazas a Residencia San José por acollernos tan ben e permitirnos compartir un anaco do voso tempo! E, como non, moitas grazas tamén á nosa compañeira Cristina por preparar estas panxoliñas cos nenos e coas nenas de 4º, 5º e 6º!!

De volta no noso colexio, repetimos a actuación para que puidera vela o alumnado de E.Infantil, 1º, 2º e 3º de E.Primaria. Estas fotos foron sacadas no salón de actos do noso centro.

 

 

 

  

Powered by Drupal - Design by artinet