ENTROIDO CONXELADO EN 5 ANOS

 

Esta semana , na nosa aula, estamos a traballar unha festividade que nos encanta e na que , a vez que traballamos nos divertimos un montón : O  ENTROIDO.

Este ano facémolo relacionándoo co tema vertebrador do cole :"A AUGA, FONTE DE VIDA" e relacionado tamén co proxecto que estamos a levar a cabo en colaboración co MUSEO DE BELAS ARTES da Coruña.

A través de este mini proxecto ao que chamamos PINGÚÍNS ,indagamos sobre as características e hábitat de estas curiosas aves , traballamos diferentes técnicas plásticas, imaxinamos, inventamos, aprendemos a colaborar e mesmo nos atrevemos a perder a vergoña elaborando unha pequena coreografía!!!.Por que....estamos feitos/as uns e unhas  grandísimos/as artistas!!!

Para este proxecto contamos coa colaboración dos nosos/as compañeiros/as da aula de 1ºB.

Toda unha aventura !!!

Unha experiencia que nos deu e dará moito que traballar!!!

 

O longo da semana participamos , tamén,  cos mandatos do meco :

 

O LUNS : ALGO NA CABEZA

 

 

O MARTES: GAFAS DECORADAS

 

 

O MÉRCORES: EN BATA OU EN PIXAMA

 

 

O XOVES: CARA PINTADA OU MASCARADA

 

 

 

O VENRES : DIA LIBRE!

 

 

Comezanos a semana indagando sobre estas curiosas aves, e poñendo en común como elaborar o noso disfraz. Queriamos uns pingúíns especiais con superpoderes , pois... imaxinación a voar e cada quen terá un super poder!!!

 

 

 

 

Elaboramos o  decorado xunto cos nosos compañeiros de 1º B , iso si, nevado e conxelado!!!

 

 

 

e chegou o dia da xuntanza pingúína !!! Tod@s a bailar coa canción dos pingúins!!!

 

 

 

 

Elaboramos , ademáis ,traballando a estación do inverno e con material de refugallo, as nosas aves con cascos e bufandas.

 

 

 

e como non, as nosas máscaras preferidas decoradas ao máis estilo "brilli-brilli!!!

 

 

 

E para rematar ...merendola de Entroido con chocolate e postre típico en colaboración co comedor escolar.

 

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet