XOSÉ ZAPATA VISITA O NOSO COLEXIO

Hoxe Xosé Zapata, gañador do Premio Goya 2022 á mellor curtametraxe de animación, visitou o noso centro. 

O alumnado de 4º e 5º de E. Primaria fixo con el un percorrido pola historia do cine. Contounos que en 1895 inventouse esta arte de rexistrar fotografías e proxectalas nunha pantalla como imaxes en movemento. Aprendemos que o que estamos a ver nas imaxes é unha ilusión óptica e que para ver unha imaxe en movemento necesitamos, como mínimo, 24 fotogramas por segundo; polo que para 1 min de gravación precisamos 144O. Unha curtametraxe pode necesitar uns 20.000 fotogramas. Imaxinade o traballo que hai detrás!!

Tamén nos aclarou por que a academia do cine lle puxo o nome de Goya aos seus premios, se este señor foi un pintor. A resposta é porque os seus cadros contan tamén unha historia, só que el utiliza un só fotograma. 

  

  

 

As nenas e nenos de 4º E. Primaria fixeron estes retratos de Xosé Zapata.

 PREME AQUÍ

Ao alumnado de 6º E. Primaria proxectoulles a curtametraxe "The Monkey" e despois analizou distintos aspectos da mesma. O argumento deulle pé para falar de moitos temas, expor algún que outro dilema e facer unha pequena reflexión sobre o racismo.

Cando rematamos, fixemos unha foto con el e co Goya!!

  

Pasámolo xenial e agasallounos cun flipbook da curtametraxe "The Monkey", onde nos firmou a todas e a todos un autógrafo.

Queremos darlle as grazas a Xosé Zapata por compartir este premio con nós e transmitirnos o amor que sente polo marabilloso mundo do cine!!

Powered by Drupal - Design by artinet