Curso informática/ curso inglés

Comezou o curso de informática, que ten lugar no local da ANPA

Será impartido os mércores e xoves por personal da academia naranco de A Coruña.

Se tedes algunha idea sobre actividades a realizar para os nenos non dubidedes en comentárnolo a calquera dos que estamos na anpa.

Grazas

IMPORTANTE! CLASES APOIO INGLÉS Estimados pais e nais,Estamos organizando unhas clases de apoio de inglés dirixidas a nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º impartidas por unha profesora licenciada en Filoloxía Xermánica cunha longa experiencia neste tipo de actividades.As clases iniciaranse en xaneiro.Contarán cun máximo de 10 nenos por hora. Intentaremos non mesturar os cursos. Se isto non fose posible, 3º e 4º compartirían hora, de igual xeito que 5º e 6º.Desenvolveranse os xoves e venres de 17.30h a 19.30h (a organización dos grupos dependerá do número de nenos que se anoten para as clases)O prezo desta actividade é 25 € mes por unha hora semanal (27 € para nenos/as non socios da ANPA) e 45 € mes por dúas horas semanais (47 € para nenos/as non socios da ANPA).Pregámosvos que se estades interesados nesta actividade nolo fagades saber o máis axiña posible (data límite 11 de decembro). Cubride esta solicitude de inscrición  e mandádea polo/a voso/a neno/a ao centro. 

ACTIVIDADE: CLASES REFORZO INGLÉS

NOME  
CURSO  
N.º HORASSEMANAIS (indicar se se prefire unha ou dúas horas)

 Atentamente,

 

Powered by Drupal - Design by artinet