TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Moitas grazas ao alumnado do CEIP de Arzúa e ás súas familias de parte da mestra de Relixión. Son consciente do enorme esforzo e sacrificio que supuxo para vos sacar adiante todo o traballo académico deste 3º trimestre ao lado dos vosos fillos e fillas, pero penso que soubéchedes estar á altura destas complicadas circunstancias. Pese ao carácter voluntario das actividades da materia de Relixión houbo un importante interese e esforzo que merecen todo o meu agradecemento. Por certo, infórmovos de que o material de Relixión de 5º (libreta e carpeta) queda na miña aula para o curso que vén, se vos parece ben. Quedo á vosa disposición a través das canles de comunicación abertas e deséxovos un feliz e merecido descanso vacacional. Unha aperta grande e saúde para todas e todos. Bo verán!

Para todo o alumnado de Relixión de 5º e 6º o meu agradecemento de corazón por todo o voso esforzo e interese pese ao carácter voluntario das propostas de traballo. Penso que soubéchedes responder moi ben ante esta dura situación que nos tocou afrontar. Noraboa por iso. Para esta semana, como este curso traballamos o tema do cine, déixovos unha recomendación (por se podedes conseguila) dunha película titulada "El pequeño Buda" que vos amosa outras relixións (o budismo, o hinduísmo), outras crenzas, outras prácticas relixiosas...Aprender cousas sobre outras relixións axúdanos a respectar as crenzas dos demais e a lograr un mundo onde cada persoa practique a súa relixión, ou ningunha, con total liberdade; entón poderemos vivir felices e en paz.

Tamén vos deixo unhas actividades para xogar online, se vos apetece.

FAI CLICK AQUÍ PARA XOGAR A RELACIONAR

FAI CLICK AQUÍ PARA XOGAR Á RULETA DAS PALABRAS

 

FAI CLICK AQUÍ PARA RELACIONAR COLUMNAS

FELIZ VERÁN PARA TODAS E PARA TODOS!

Powered by Drupal - Design by artinet