TRABALLAMOS RELIXIÓN DESDE A CASA (VOLUNTARIO)

Un saúdo e saúde para todo o alumnado do CEIP de Arzúa e as súas familias de parte da mestra de Relixión. Aquí vos deixo a tarefa de Relixión para esta semana, lembrándovos unha vez máis que queda ao voso criterio a dispoñibilidade e a viabilidade de realizalas xa que teñen un carácter voluntario. Agradecervos de todo corazón o voso enorme esforzo e mandarvos moito ánimo!

A actividade que vos propoño esta semana para o alumnado de Relixión de 5º e 6º é comprobar como en moitas ocasións a Biblia serviu de inspiración á arte pero logo cada pintor dalle unha interpretación diferente, segundo a súa concepción artística e a época á que pertenza... Para levar a cabo esta tarefa, primeiro tedes que buscar na biblia online a cita bíblica que vos aparece no exercicio 1. A continuación observade detidamente o cadro de Gustave Doré (artista francés do século XIX) fixándovos nas personaxes que aparecen e reflexionade sobre se había alguén máis que estivera presente nesa situación pero que o pintor omitiu. Para finalizar tratade de responder ás cuestións que se vos plantexan sobre o cadro.

FAI CLICK AQUÍ PARA VER AS ACTIVIDADES

FAI CLICK AQUÍ PARA ACCEDER Á BIBLIA ONLINE

 

Lembrade que o correo ao que enviar as vosas tarefas é: relixion@arzua.net 

Powered by Drupal - Design by artinet