ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias, para esta semana vos propoño estas actividades musicais:

Comezamos cantando a canción do balcón, que todos/as xa a saben. A tedes no arquivo adxunto.

A seguinte actividade está pensada para que os nenos e nenas traballen o ritmo e o movemento ademais da atención e a concentración.
O patrón rítmico que se repite durante a primeira parte da canción é : ta, ta, titi, ta, e na segunda: ta,ta,ta,ta.  Necesitaredes, como veredes no video, un par de zapatos.

https://www.youtube.com/watch?v=eNqZOxiMSJg

Aquí tedes a canción completa:   https://www.youtube.com/watch?v=z1-Lhj2LYqY

E, para rematar, unha actividade para unha volta á calma. Poñeremos unha canción relaxante de fondo ( vos propoño El cisne de Camille Saint Säens pero poder ser outra que vos guste máis), os nenos/as deberán estar tumbados boca arriba e cos ollos pechados sobre unha manta, alfombra...e vós colleredes a manta e os/as arrastraredes moi lentamente mentres eles se relaxan e escoitan a música. Podemos decirlles que a melodía a leva un violonchelo e que de fondo soa un piano.

https://www.youtube.com/watch?v=cXEy_UfSgCU

Unha aperta moi grande para todos e todas!!

AdxuntoTamaño
2EL BALCÓN (1).mp3924.41 KB

Powered by Drupal - Design by artinet