ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

ACTIVIDADES DE MÚSICA PARA EDUCACIÓN INFANTIL

Bo día familias, esta semana vos propoño estas actividades de música.

Comezaremos cunha lectura rítmica, primeiro que digan ta e titi e despois que intenten facelo ao mesmo tempo que dan palmadas ( unha con ta e dúas con titi).

https://www.youtube.com/watch?v=qD3zNojKGLw&t=74s


A seguinte actividade é un baile de México chamado " Las Chiapanecas" que está pensado para traballar o ritmo e o movemento.
Necesitaredes o pau dunha vasoira, fregona... e unha culler de madeira (ou similar).

https://www.youtube.com/watch?v=BRyEBqrZOpU

E para rematar, vos mando adxunta unha canción que bailaban xenial os vosos nenos e nenas, seguro que se acordan. Animádeos a que vola ensinen!

Se queredes poñervos en contacto comigo aquí tedes o meu email: musicaceiparzua@gmail.com
Unha aperta moi grande!

AdxuntoTamaño
16yipi yipi yi.mp31.81 MB

Powered by Drupal - Design by artinet