Novas propostas de actividades para Ed.Infantil

 

Ola nenos e nenas! Xa sabedes que  hai  uns días comezou a primavera. Que vos parece comezar cun pequeno vídeo que nos explica un pouco como é esta estación e ao mesmo tempo escoitamos  de fondo unha obra moi coñecida titulada  “La Primavera de Vivaldi”?

…pois imos alá!

Primavera de Vivaldi

 

 

 

 

Gustouvos?... Seguro que sí!  Pois podedes volver a poñelo e bailar e mover o corpo como se forades flores que nacen e van medrando, ou imitando os paxaros, bolboretas,etc.

Agora imos ler un conto dun personaxe que nestes días estanos dando guerra e non nos deixa sair da casa. Sabedes de quen estou a falar?....Pois dese mesmo,de CORONAVIRUS!... Espero que vos guste. Despois de lelo podes facer un debuxo do conto.

 CONTO CORONAVIRUS

 

Tamén temos para vós outro que tamén fala del, titúlase “HOLA”. Se queredes, podedes lelo mañá ou outro día. Non ten porque ser hoxe. Cando máis vos apeteza.

 

CONTO HOLA! 

 

 Apetécevos xogar unha partida AO TRES EN RAIA con algún membro da vosa familia? pois por se non o tedes na casa, vouvos mostrar uns taboeiros coas súas pezas e despois xa o pOdedes facer vós.

Só necesitades un cartón,  pinturas e un rotulador. E despois podedes elixir vós as pezas que queredes facer.

 

 

Xa sabedes, cada xogador ten 3 pezas iguais. Podes xogar con tapóns de botellas de plástico , chapas, etc, ou se prefires podes debuxar algo relacionado coa primavera e pegarllo enriba dos tapóns ( bolboretas, caracois, paxaros, arcos da vella …), faredes unhas fichas moi chulas!        

Ahí tedes dous modelos.

 

      

 

  A partires de hoxe ,as titoras de Educación Infantil, xunto coa mestra de apoio poranse en contacto cos pais e nais a través do grupo de WhatsApp que foi creado con dita intención  debido ao momento que estamos a atravesar: A Pandemia do Coronavirus.

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet