Skip to Content

Secretaría

IMPRESOS VARIOS

  

                                                 Impresos varios

 

Asistencia                      

  Entrada

 Saída

Faltas de asistencia, xuntifícanse por Abalar aos titores ou titoras

                       

Titoría

 

 

 As solicitudes de  titorías cos titores, titoras ou aos especialistas faranse por Abalar.

 

Recollida

 

 

 Autorización de recollida

Autorización para sair sós do centro ás 14 h

Transporte

 

 

 Autorización para baixar sós do autobús

Comedor

 

 

 Autorización de recollida

Biblioteca

 

 

 Autorización de permanencia na biblioteca

 Prestamo de libros

SECRETARÍA

Fondo Solidario, axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024/2025

ORDE DO 7 DE MAIO DO 2024, PUBLICADA O 20 DE MAIO NO DOG QUE REGULA A PARTICIPACIÓN  NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E  A SOLICITUDE DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

Prazo para presentar solicitudes iniciase o día 21 de maio e rematará o día 21 de xuño. 
 
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática no formulario dispoñible na aplicación FONDOLIBROS
Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, ou a Chave 365.
 
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial nos centros docentes
 
 ENTREGA DE SOLICITUDES EN HORARIO DE 9:00 A 9:45, NON SE RECOLLERÁN SOLICITUDES ENTREGADAS POLO ALUMNADO.
  
O alumnado de 6º de Educación Primaria deberá presentar a súa solicitude no IES no que cursarán a ESO.
 
A solicitude será única  por familia  do alumando  que estea admitido no mesmo centro docente para o curso 2024/25, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no dito curso. 
 
 
MODALIDADES:
 
* Participación no fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Educación Primaria.- O alumnado matriculado en 5º e 6º de Primaria, cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto. Poden solicitar igualmete axuda de material.
 
* Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria.
 
* Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado  que curse, no 2024/25 Educación Primaria.
 
REQUISITOS
  1. Ter entregado os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2023/2024 antes do 17 de xuño, excepto o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.
  2. Compromiso de conservar os libros de texto en bo estado.
  3. A falta de devolución dos libros é causa de exclusión do fondo solidario e das axudas para a adquisición de material escolar.
 
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
 
  • Fotocopia do libro de familia e orixinal para cotexar os datos.
  • Nos casos en que non teñan libro de familia ou non reflicta a situación a 31 de decembro do 2022, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros:
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia.
  2. Cerificado ou volante de convivencia.
  3. Infome dos servizos sociais.
  • Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
  • Certificado acreditativo do grao de discapacidade, agás que fose emitido pola Xunta de Galicia, que só se presentará se non autoriza expresamente a súa verificación.
  • Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar distintos da persoa solicitante correspondente ao exercicio 2019, cando non autorice a consulta telemática.
  • Violencia de xénero. Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volente de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titores carezan de DNI ou NIE

 

ASIGNACIÓN DE LIBROS E CONTÍA DAS AXUDAS


 A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos de 3º e 4º de EP que estean dispoñibles no fondo solidario do centro efectuarase:

a) Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias.

b) Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

Esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:

a) Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis (6) libros de texto.

b) Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro (4) libros de texto.

A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

a) Para o alumnado de 1º e 2º de EP:

Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.

Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.

Axuda para material escolar.

A contia da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en Educación Primaria será a seguinte:

  • Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6000€: 75€
  • Renda per cápita familiar superior a 6000€ e igual ou inferior a 10.000€: 60€
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE aou cunha discapacidade igual ou superior ao 65% será beneficiario desta axuda por importe de 75€ con independencia da renda.

 

ENLACE A PREGUNTAS FRECUENTES

 

RESUMO ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 24/25

ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

                                   

                            

 

 PRAZO DE PRESENTACIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO 

 

CURSO

PRAZAS

PERMANENCIAS

RESERVAS

VACANTES

4º ED. INF

20

0

0

20

5º ED. INF

25

23

0

0

6º ED. INF

50

34

0

6

1º EP

50

16

1

21

2º EP

50

34

0

2

3º EP

50

37

0

0

4º EP

50

31

0

6

5º EP

50

30

0

11

6º EP

50

33

0

4

 

    VISITA VIRTUAL AO CENTRO

 

O teu navegador non soporta este vídeo.

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

SOLICITUDE DE RESERVA

PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA

     PARA ASISTIR AO IES AUGA DA LAXE                                

 DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO

       ( Para o alumnado de 6º de Primaria)

Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos.                        

Pasos a seguir:

1.-Imprimir a solicitude de reserva. Levan unha copia do centro xunto co Anexo 1 BIS

2.-Cumprimentar a solicitude. Recordar que ten que ser en letra lexible.

3.-Asinar a solicitude para a consulta dos datos da unidade familiar.

4.-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.

Podédes enviala polo alumnado  e enviarase un xustificante de entrega no centro. 

Aplicación Admisión Alumnado para facer a solicitude de xeito telemático.

O alumando que non queira facer reserva de praza no IES AUGA DA LAXE deberá presentar  a solicitude de admisión,  no centro que elixa para cursar a ESO, do 1 ao 20 de Marzo.

 

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

No seguinte enlace podedes consultar  o LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO  para o curso 2023-2024

SOLICITUDE DE SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE ESCOLAR-COMEDOR)

Estimadas familias:

A Orde que regula a Admisión de alumnado en centros sustentados con fondos públicos establece que o alumnado con garantía de permanencia no centro que non teña que formalizar matrícula, deberá, cada ano, manifestar expresamente mediante escrito dirixido a éste, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

Polo que se estades interesados en utilizar algún destes servizos complementarios, deberedes cubrir o impreso  adxunto, asinalo  e  envialo por correo electrónico ao centro. Se tedes problemas de conexión ou non podedes imprimilo solicitade cita no centro. O prazo para entregar as solicitudes de transporte e comedor será do 20 ao 30 de xuño.

( Descargar o impreso de solicitude). Pódese descargar e entregar polo correo do centro:  ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal 

                                           HORARIO DAS RUTAS

                                HORA DE SAÍDA              HORA DE CHEGADA

RUTA 158- VILAZA              8:30                                     8:55

RUTA 159- MAÑUFE             8:25                                     8:45

RUTA 160- RASAS               8:24                                     8:50

RUTA 162- TORRE               8:40                                     8:50

                 

                                                                                          

LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

 

PUBLICAMOS AS LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA TODOS OS CURSOS DE  EDUCACIÓN PRIMARIA.

LISTA DE 1º PRIMARIA

LISTA DE 2º PRIMARIA

LISTA DE 3º PRIMARIA

LISTA DE 4º PRIMARIA

LISTA DE 5º PRIMARIA

LISTA DE 6º PRIMARIA

               

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut