PRAZO DE SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA
PARA ASISTIR AO IES AUGA DA LAXE
DO 15 DE XANEIRO AO 5 DE FEBREIRO
( Para o alumnado de 6º de Primaria)
Ábrese o prazo para facer a reserva de praza para o vindeiro curso 2024-2025 para o alumnado que procede de centros adscritos.
Pasos a seguir:
1.-Imprimir a solicitude de reserva. Levan unha copia do centro xunto co Anexo 1 BIS
2.-Cumprimentar a solicitude. Recordar que ten que ser en letra lexible.
3.-Asinar a solicitude para a consulta dos datos da unidade familiar.
4.-Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital.
Podédes enviala polo alumnado e enviarase un xustificante de entrega no centro.
Aplicación Admisión Alumnado para facer a solicitude de xeito telemático.
O alumando que non queira facer reserva de praza no IES AUGA DA LAXE deberá presentar a solicitude de admisión, no centro que elixa para cursar a ESO, do 1 ao 20 de Marzo.