Skip to Content

ASAMBLEA DA ANPA POUSA DE FONTÁN

                             ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro venres día 29 de setembro ás 17:30 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 18:00 horas no comedor, coa seguinte orde do día:

 Lectura da acta anterior e aprobación se procede

 Presentación e modificación da xunta directiva ou disolución da mesma. Despedida da presidenta e nomeamento de novos cargos.

 Información relacionada coa actividade de piscina (Valadares e Ramallosa)

 Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA. Cómo se xestiona, subvencións, como darse de alta, etc.

 Necesidade de traballar con AMPAFACIL, coñecer a aplicación e formar parte para poder ser socios con pleno dereito.

 Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios.Ventaxas.

 Rogos e preguntas.

 

Solicítase máxima participación para poder continuar coa labor que se fai dende a ANPA, servizos que se ofrecen, axudas, subvencións, etc

 

PROXECTO ANUAL DE CENTRO

Cada curso escolar traballamos un Proxecto Anual de Centro cunha temática centralizadora e vertebradora das actividades.

Este ano o proxecto é....

 

PERCORRENDO GALICIA

Puzzle madera Galicia MolaViajar

REXISTRO NA AULA DE MADRUGADORES 2023/2024

Necesitas a aula de madrugadores/as?

Xa está dispoñible a partir do día 11 de setembro, dende as 7:30 horas.

Recorda que debes informar a ANPA e rexistrarte no seguinte enlace:

https://yeahactivities.es/extraescolares-2/

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias:

A Consellería contratou unha nova empresa encargada do servizo de comedor escolar. O nome da empresa é Grupo Mediterránea. A persoa encargada da mesma estivo no centro para transmitirnos tranquilidade e confianza ao ser unha empresa que coñece o sector educativo.

O luns empeza o servizo no horario habitual de 14:00 á 16:00h.

Lembren que se o alumnado non pode acudir ao comedor, deben xustificalo debidamente o día lectivo anterior á ausencia e a través do correo electrónico do centro: ceip.chano.pinheiro@edu.xuntal.gal. Solo en caso moi excepcionais se poderá anular no propio día. Neste caso a anulación farase antes das 09:15h.

Tamén lles recordamos que as coidadoras rematan o seu traballo ás 16:00h polo que deberán ser puntuais na recollida. 

CIRCULAR ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES PARA O CURSO 2022/23 ANPA

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2023/2024 (ofertadas pola ANPA)

Para poder inscribirse nas actividades levadas a cabo pola ANPA é imprescindible ser socio e solicitar a actividade na plataforma ampafacil,

Para ser soci@:

- Si xa te deche de alta na plataforma o ano pasado, teis que entrar en : www.mi.ampafacil.com co teu usuario e contrasinal e confirmar que sigues querendo ser socio, inmediatamente te indica o número de conta para facer o ingreso correspondente. (É preciso indicar nome do nen@ u nen@s no concepto da transferencia e número de familia socia).

- En caso de ser unha familia nova na anpa, ou non se deu de alta na plataforma o ano pasado, é preciso cubrir a FICHA DE NOVA FAMILIA (Pedila en secretaría ou por email a ANPA) e enviala por email a anpapousadefontan@hotmail.com ou métela no buzón da anpa situado ao lado da fiestra da secretaría. Aos poucos días recibiredes por email as instruccións para darse de alta.

É necesario estar anotado na actividade de aula madruga antes do inicio da mesma. Para anotarse nas actividades extraescolares hai de prazo ata o día 15 de Setembro de 2023. Unha vez remate o prazo, NON SE RECOLLERÁ NINGUNHA SOLICITUDE.

É preciso un número mínimo de 10 usuarios para poder levar a cabo a actividade.

TEATRO:Pretende fomentar a acción creativa mediante a expresión corporal, realizando exercicios de expresividad e dramatización. Tamén favorece o traballo en grupo, a solidaridade, a oratoria...De gran utilidade para a superación de problemas como a timidez ou dificultades expresivas

INGLÉS:

Para infantil, 1º e 2º de primaria: iniciación e desenrolo do idioma a través do xogo, cancións e outros exercicios lúdicos adaptados as súas idades.

TENIS:Actividade de iniciación ou perfeccionamento do tenis impartido pola Club de Tenis de Gondomar.

ROBÓTICA con Legos: Actividade que integra diversas áreas de coñecemento como son as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía dunha maneira divertida e aportando numerosas ventaxas.

LUDOTECA:Actividade para aprender xogando a facer manualidades e divertirse a través do xogo ao mesmo tempo que enseñan valores e un desenrolo do corpo e mente.

AULA MADRUGADORES:Servicio de aula de madrugadores con monitora e actividades lúdicas de mesa (contos, punturas, etc..) para que as familias poidan conciliar coa súa vida laboral.

:Servizo dende as 7:30 horas ata as 9:00. Precio único de 30 euros mensual. Días soltos a 5 euros cada día que se abonarán en efectivo o día do servizo.

Para anotarse, enviar un email a anpapousadefontan@hotmail.com

FOLLA DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE

 

SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

 O comedor escolar do CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro  está catalogado como comedor de xestión indirecta da Consellería de Educación. 

 

QUEN SOLICITA?

PAI NAI , REPRESENTANTE LEGAL DO ALUMNADO

CANDO?

DO 4 AO 12 DE XULLO   DE 10 H A 13H

DOCUMENTACIÓN

 Impreso de solicitude cuberto e asinado xunto co Modelo de Autodeclaración (Anexo II)

Documentación xustificativa correspondente para a selección e admisión.

 

QUEN NON TEN QUE PRESENTAR O ANEXO II?

O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%,

PREZOS

Gratuíto, 1€, 2,5€ ou 4,5€.

Dependerá da renda neta per cápita familiar.

Para realizar o cálculo automático do importe do servizo do comedor podedes acceder á WEB “Calculadora simulación prezos comedores” facilitada pola Consellería de Educación: 

https://www.edu.xunta.gal/comedores/calculadora.jsp

 

OLLO É A RENDA DO 2022!!!!

 

GRATUITO PARA?

O alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%.

Rendas inferiores a 7.000 € de renda per capita.

TIPOS DE USUARIOS

FIXOS- FIXOS DISCONTINUOS OU QUE ACUDEN EN SEMANAS ALTERNAS. 

Non se contemplan esporádicos

BAREMACIÓN

SOLO SE HAI MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS

CRITERIOS DE BAREMACIÓN

1- Alumnado usuario lexítimo do servizo do transporte escolar (usuarios de transporte que vivan das parroquias de Mañufe, Vilaza  e/ou Gondomar  a máis de 2 km do centro). Utilizaremos o certificado de empadroamento que consta no Centro.

 2- Alumnado pertencente a unidades familiares en situación socioeconómica de exclusión social (certificado dos Servizos Sociais Municipais) ou Cunha discapaccdade igual ou superior ao 33% (certificado de discapacidade): usuario de comedor gratuíto.

3- Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné

4- Alumnado fillo/a de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante: informe de vida laboral/ Certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público / Certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo …

5- Outro alumnado: Iinclúense ao resto do alumnado que non estea dentro dos anteriores apartados, incluído aos escolarizados fóra da área de influencia, é dicir, fóra das parroquias de Mañufe, Vilaza e/ou Gondomar ). Terá prioridade o alumnado da área de influencia, a continuación o alumnado no que o lugar de traballo do pai/nai/titor/a legal está dentro da área de influencia (entregar certificado da empresa) e en último lugar o alumnado de fóra da área de influencia.

EMPRESA DE CATERING:

ALIMENTACIÓN SAUDABLE GALEGA

HORARIOS

 14:00 h. a 16:00 h.

 A partir das 15:15 h. o alumnado xa poderá ser recollido.

NÚMERO DE PRAZAS MÁXIMAS AUTORIZADAS E CONCEDIDAS

130 prazas

PRAZOS

Entrega de solicitudes, Anexo II e documentación xustificativa: Do  5 ao 12  de xullo de 10:00h á 13:00 h. Pódense descargar da web e mandar por correo electrónico ao Centro. Tamén se pode recoller e  entregar a documentación directamente no colexio.

Publicación da listaxe provisional de admitidos e reservas na páxina web: antes do 15 de xullo.

Reclamacións: prazo de 5 días despois da publicación provisional

Publicación da listaxe definitiva de admitidos e reservas na páxina web: antes do 20 de xullo.

 

ANULACIÓN DE MENÚS

Coa maior antelación posible e sempre xustificando a ausencia  por correo electrónico a ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal do Centro indicando no asunto, "anulación comedor + nome do alumno/a” + curso ou contactando telefónicamente coa secretaría.

Deberase notificar tamén vía ABALARMOBIL  ao profesorado titor indicando se o alumnado,  o día anulado,  regresa en transporte ou non.

Anulación no propio día debe ser excepcional e  realizarse antes das 9:30h.

PAGAMENTOS

 Na conta indicada pola empresa adxudicataria do servizo, nos dez primeiros días de cada mes

 

 

 

 SOLICITUDE DE COMEDOR CURSO 2023-2024

 

ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

No seguinte enlace podedes consultar  o LISTADO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL IMPRESO  para o curso 2023-2024

SOLICITUDE DE SERVIZOS EDUCATIVOS COMPLEMENTARIOS (TRANSPORTE ESCOLAR-COMEDOR)

Estimadas familias:

A Orde que regula a Admisión de alumnado en centros sustentados con fondos públicos establece que o alumnado con garantía de permanencia no centro que non teña que formalizar matrícula, deberá, cada ano, manifestar expresamente mediante escrito dirixido a éste, que solicita utilizar os servizos complementarios de comedor e/ou transporte escolar.

Polo que se estades interesados en utilizar algún destes servizos complementarios, deberedes cubrir o impreso  adxunto, asinalo  e  envialo por correo electrónico ao centro. Se tedes problemas de conexión ou non podedes imprimilo solicitade cita no centro. O prazo para entregar as solicitudes de transporte e comedor será do 20 ao 30 de xuño.

( Descargar o impreso de solicitude). Pódese descargar e entregar polo correo do centro:  ceip.chano.pinheiro@edu.xunta.gal 

                                           HORARIO DAS RUTAS

                                HORA DE SAÍDA              HORA DE CHEGADA

RUTA 158- VILAZA              8:30                                     8:55

RUTA 159- MAÑUFE             8:25                                     8:45

RUTA 160- RASAS               8:24                                     8:50

RUTA 162- TORRE               8:40                                     8:50

                 

                                                                                          

LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023-2024

 

PUBLICAMOS AS LISTAS DE MATERIAL ESCOLAR PARA TODOS OS CURSOS DE  EDUCACIÓN PRIMARIA.

LISTA DE 1º PRIMARIA

LISTA DE 2º PRIMARIA

LISTA DE 3º PRIMARIA

LISTA DE 4º PRIMARIA

LISTA DE 5º PRIMARIA

LISTA DE 6º PRIMARIA

               

 

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

 

                                                       

Recordar que o prazo para a formallización da matrícula para o curso 2023-24 é:

  • Do 20 ao 30 de xuño para o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Descarga aquí o impreso de matrícula

Documentación a presentar co documento de formalización da matrícula:

  • Certificado do padrón
  • Certificado médico
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria
  • Dúas fotografías.

Se xa presentaches a documentación coa admisión non tes que volver presentala.

Distribuir contido


by Dr. Radut