Skip to Content

GONDOVERÁN 2023

O Concello de Gondomar abre o prazo de solicitudes para o campamento de verán “Gondoverán” que se desenvolverá durante o mes de xullo.

O prazo de solicitudes establecese dende o 26 de abril ata o 9 de maio. ATOPAREDES  TODA A INFORMACIÓN, IMPRESOS E BASES NO SEGUINTE ENLACE.

OBRADOIRO DE ESTAMPACIÓN CON PLANTAS NATURAIS

O alumnado de educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria está a realizar, os xoves,  un obradoiro de estampación con plantas naturais.

 

SEMANA DO LIBRO- VISITA DE MARÍA PÁJARO

Esta semana conmemoramos o día do libro. A  autora nigranesa María Pájaro veu ao centro a contar ao alumnado de 5º e 6º a súa experiencia como escritora. Acaba de presentar o seu primeiro libro "Quen é a nena?" 

É un libro de carácter biográfico que demostra que todos somos iguais independentemente da lingua, que ten que ser falada para evitar a súa desaparición. Da clase social que, por desgraza, non determina o valor persoal de cada quen. O libro trata da riqueza cultural dos nosos refráns e do valor de achegárnos ás persoas que realmente nos queren.

Tamén lle fixo un xogo con preguntas sobre o libro.

Moitas grazas pola súa colaboración.

"Só a lembranza de onde veño me axuda a saber cara onde vou"

 

OBRADOIRO DE TEATRO

Neste recuncho atoparedes os vídeos das obras de teatro que se interpretaron no segundo trimestre.

Pincha no seguinte enlace e goza coas interpretacións do alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto.

SEMANA DAS ARTES. VISITA DE JAVIER CASELLAS. PROXECTO CINE

Estimadas familias, como ben sabedes este ano temos o PROXECTO  ANUAL DO CINE e co gallo da  SEMANA DAS ARTES ( do 8 ao 12 de abril) recibimos a visita de Javier Casellas. Actor de Gondomar que participou na película LIVE IS LIFE. Película que se rodou parte en Galicia. Javier é  Garriga na película, un dos rapaces protagonistas da historia.

Hoxe veu ao centro a contarnos a súa experiencia como actor e a satirfacer  as curiosidades do alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria.

SAÍDA FIN DE ETAPA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O alumnado de 6º de Ed. Primaria realizará a viaxe de fin de curso os días 12,13 e 14 de xuño.

Será no Camping Os Fieitas, ubicado no Grove. Pincha para ver a localización 

Vídeo presentación do campamento.

 

 

 

 

IMPORTANTE !!

Cumprimentar a autorización  e equipaxe recomendada.

Deberán traer un saco de durmir. En caso de non traelo poderán alugalo no propio cámping:  4 €/campamento (Avisando previamente)

 

 

 

SPRING WEEK- CAMPAMENTOS DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA

Presentámosvos SPRING WEEK en Peares.

(6 días de inmersión lingüística nun centro único para o alumnado de 6º de Ed. Primaria)

  Páxina web do  Centro os Peares ( Aquí)

 

DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR

 O  15 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DO  CONSUMIDOR.

 


Co obxectivo de promocionar o consumo responsable dende a infancia, organizouse unha serie de actividades para conmemorar esta data na aula.

Cada aula debe elixir UNHA das seguintes  actividades  propostas e traballarla co alumnado do grupo.

  1. Facer unha lista da compra responsable. Unha vez que está feita a lista calcular cantos materiais de refugallo xeramos con esa compra. Tiveron en conta levar a bolsa da casa? Compraron froita en bandexas ou só as pezas de froita que necesitan en bolsa de papel? Pictogramas asociados á alimentación?
  2. Incorporar o hábito da lectura de etiquetas. Son quen de leer as etiquetas da roupa que levo ou da merenda? Que significan os símbolos do meu taper?
  3. Reflexionar sobre como se tratan os nosos datos en aplicacións informáticas para despóis ofertarnos, ou bombardearnos con suxerencias de compras.
  4. Elaborar un rexistro de todos os productos que terminan no lixo ao longo dun día. Reflexionar sobre a cantidade de basura que xeramos. É necesario utilizar tantos embases e bolsas de plástico?
  5. Visualizar o vídeo de como contribuir para  aforrar o consumo da luz.
  6. Simulación dunha compra necesaria para un día da vida do noso alumnado. Que consideran necesario para o seu día a día? Levan unha alimentación saudable?Buscar no xornal anuncios. Qué anuncios atopamos nun xornal? Que cara teñen os protagonistas dos anuncios? Que nos queren vender, só o producto ou algo máis?

Se pinchas na imaxe atoparás diferentes videos para traballar os dereitos e establecer un coloquio ou debate na aula. 

  

                                                           

Educación en Valores: Actividade itinerante Centros educativos de Galicia

 TODAS E TODOS CONTAMOS

Xornada escolar inclusiva con actividades para a arte e a creatividade, impartidas por persoas con diversidade funcional.

Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, desde Afundación lanza este programa presencial para todos os centros de Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participe do valor da diversidade.

Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante as que podemos mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións interpersoais.

Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con diversidade funcional e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. 

Actividade proposta para Educación Infantil e primeiro de Ed. Primaria.

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA

Distribuir contido


by Dr. Radut