Nesta saída o alumnado acudíu ao Porto de Vigo realizando un percorrido pola Ría de Vigo con monitores/as especializados nunha embarcación con todos os avances tecnolóxicos para achegar ao alumnado á riqueza do noso ecosistema mariño único.
Obxectivos didácticos:
- Coñecer a xeografía da Ría de Vigo.
- Valorar a riqueza do ecosistema mariño.
- Coñecer e valorar a riqueza das bateas de mexillón.
- Observar in situ diferentes especies de animais invertebrados mariños.
- Observar a composición dunha mostra de plancto mariño.
- Valorar a importancia que ten para a vida dos seres vivos o coidado dos elementos da paisaxe máis próxima.
- Enriquecer as relacións sociais dentro e fóra da aula.
- Gozar dunha xornada de aprendizaxe e lecer.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
WhatsApp Video 2023-05-18 at 10.23.10 PM.mp4 | 20.19 MB |