Skip to Content

NOVIDADES

CHARLAS PARA O ALUMNADO

BECAS NEAE 2023-24

Estimadas familias:

Algunhas de vós estades a recibir notificación de denegación da beca porque estades pendentes de valoración ou médica ou do grado de discapacidade.

Estade pendentes dos chamamentos dos servizos médicos ou da solicitude de valoración do grado de discapacidade para en canto teñades resolución aportala ao Departamento de Orientación para facer as alegacións pertinentes.

CONMEMORACIÓN LGTBIQ+

Achego diferentes materiais para traballar diferentes aspectos o día LGTBIQ+:

Enlaces sobre a normativa europea e a autonómica en Galicia.

CURTAMETRAXES PARA TRABALLAR CON ED. INFANTIL E PRIMARIA: ENLACE

LIBROS/ MANUALES  PARA FAMILIAS: ENLACE

 

OBRADOIRO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: COMPETENCIAS SOCIAIS

Adicamos o mes de marzo a desenvolver e afianzar as competencias socioemocionais no alumnado dos cursos de 3º e 4º de primaria  a través do OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS SOCIOEMOCIONAIS. A finalidade deste Obradoiro foi a de:  

                • Favorecer o seu autocoñecemento.
                • Fortalecer a confianza en si mesmos.
                • Fomentar un maior coñecemento e xestión das propias emocións.
                • Aprender estratexias de xestión emocional e flexibilidade mental.
                • Aumentar o nivel de resiliencia e a adaptación positiva aos cambios.
                • Identificar as emocións nos demais (empatía).
                • Desenvolver a comunicación emocional nas relacións sociais.

OBRADOIRO DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: DROGODEPENDENCIA

Onte e dentro do programa de prevención da drogodependencia os cursos de 6º tiveron unha formación desenvolta por profesionais da asociación Amaina coa que: 

- Promover unha mellor comprensión dos problemas causados polas drogas, así como dos factores que levan  ao seu consumo.
- Traballar nas crenzas e actitudes dos nenos e nenas.
- Proporcionar pautas educativas e alternativas para a prevención de conflictos e conductas de risco por parte da poboación adolescente no contexto familiar e académico.

ACTIVIDADES DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Onte nos cursos de 5º tiveron unha formación en Coeducación desenvolta por profesionais da asociación Amaina  coa que: 

- Fomentar entre o alumnado estratexias educativas que favorezan a prevención.
- Fomentar o uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación, limitando o acceso a contidos non adecuados e desenvolvendo unha actitude crítica ante os mesmos.
- Coñecer e ser capaz de pór en práctica formas eficaces de previr os riscos
- Informar e asesorar dos perigos que conleva a posta en práctica de conductas de risco.


DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Hoxe día 2 de maio conmemórase o DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR.

Colección de vídeos para traballar o acoso escolar na aula. ENLACE

A continuación achégase recomendacións do Departamento:

Tras o seu visionado proponse facer un debate sobre o tema e/ou reflexión co grupo.

 

Educación en Valores: Actividade itinerante Centros educativos de Galicia

 TODAS E TODOS CONTAMOS

Xornada escolar inclusiva con actividades para a arte e a creatividade, impartidas por persoas con diversidade funcional.

Nun contexto onde a superación das desigualdades sociais é xustamente a base en que se fundamenta a articulación da economía social, desde Afundación lanza este programa presencial para todos os centros de Galicia co que, a través de diferentes actividades culturais, o alumnado participe do valor da diversidade.

Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou o respecto son algunhas das ensinanzas presentes na actividade, impartida por persoas con diversidade funcional, mediante as que podemos mellorar a sensibilidade afectiva e emocional, favorecer unha sociedade equitativa, xusta e diversa e facilitar o establecemento de relacións interpersoais.

Esta anovadora proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con diversidade funcional e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. 

Actividade proposta para Educación Infantil e primeiro de Ed. Primaria.

MISIÓN SALVAR A NATUREZA E NINGÚN CAN SEN FOGAR

O vindeiro venres recibiremos no centro unha visita moi especial. Dende a Granxa Xanceda, Malibú visita os colexios de primaria para ensinar aos nenos e nenas a ser máis responsables, máis solidarios e a ter unha maior sensibilidade cos animais.

Contidos:

Coñecer as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable ( identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario...)

Aprender comportamentos cívicos ( manter as rúas limpas)

Concienciación da problemática do abandono.

Coñecer a realidade das canceiras.

Conciencias sobre a adopción de animais.

Como actuar no caso de atopar un animal abandoado.

 

TALLERES AMAINA

O vindeiro luns 16 a asociación AMAINA virá impartir, para os cursos de 5º e 6º de eudcación primaria, un obradoiro  en  habilidades sociais (HHSS). O obradoiro desenvolverase na aula, terá unha duración de 50 minutos por grupo, e distribuirase en tres sesións que coincidirá no mes de xaneiro.

Os grupos ó que vai dirixido, as datas e os horarios son os que siguen:

5ºE.P. HHSS
5ºE.P. A: 16, 23 e 30 de xaneiro de 9.00 a 9.50h
5ºE.P. B: 16, 23 e 30 de xaneiro de 9.50 a 10.40h
 
 
6ºE.P. HHSS
6ºE.P. A: 16, 23 e 30 de xaneiro de 10.40 a 11.30h
6ºE.P. B: 16, 23 e 30 de xaneiro de 12.00 a 12.50h

Achégase documento coa información.

Distribuir contido


by Dr. Radut