Skip to Content

MERENDAS SAUDABLES.

Dende o centro estamos moi preocupados ante a crecente obesidade infantil, por iso queremos mellorar  os hábitos alimenticios nas merendas do noso alumnado.

A alimentación é a base necesaria para un bo desenvolvemento físico, pero tamén psíquico e social dos nenos e nenas.

 

Consideramos recomendable que ao longo da semana o alumnado trouxera merenda variada, seguindo o seguinte cadro:
 

 *OS PEDIATRAS E AS PEDIATRAS RECOMENDAN QUE O BOCATA NON SEXA DE PAN DE MOLDE.

 

Ademais a alimentación debe ser responsable.

Continuamos fomentando esta responsabilidade reducindo os materiais de refugallo que se xeran  coas merendas.

Esta iniciativa que comezamos xa fai dous cursos, con gran resposta por parte das familias consiste en traer a merenda nunha friameira e auga nunha botella reutilizable.

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DOS USUARIOS ADMITIDOS PARA O COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2022-2023

CEIP SAN PIO X

As familias recibiron un código por Abalar que corresponde a un alumno/a.  

Revisade que están ben os días e a cuantía a pagar.

Se tedes algúnha dúbida chamar ao centro en horario de 10 a 13 horas ou facer unha reclamación. 

Prazo de reclamación 3 días a partir do 15 de xullo. Presentar reclamación no correo do centro.

 

Listaxe de Educación Infantil

 

Listaxe de Educación Primaria

 

ASEMBLEA ANPA POUSA DE FONTÁN

ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA POUSA DE FONTAN

Convócase asemblea ordinaria para o vindeiro mércores día 6 de xullo ás 17:45 horas en primeira convocatoria e en segunda convocatoria as 18:00 horas na entrada externa do comedor, coa seguinte orde do día:

 Lectura da acta anterior e aprobación se procede

 Estado das contas

 Información relacionada coas actividades extraescolares xestionadas pola ANPA neste curso e no próximo. - piscina (Valadares e Ramallosa) - Teatro - Inglés - Aula madruga dende ás 7:30 horas. - Tenis, outras da Diputación...

 Xestión levada a cabo co Centro Educativo, problemas coa pista, comedor escolar...

 Cómo facerse soci@ da ANPA. Carnets de socios. Ventaxas. Informar da necesidade de darse de alta como socio en ANPAFACIL.

 Necesidade de renovación de cargos na xunta directiva.

 Rogos e preguntas.

BECAS MEC

Estimadas familias:

Xa saíu publicada a resolución das Becas NEAE do MEC, para o curso 2022-2023.

Nos seguintes enlaces atoparedes quen pode ser beneficiario das mesmas.

Calquer dúbida poñerse en contacto co Departamento de Orientación.

 

RESOLUCIÓN BECAS NEAE MECCURSO 2022-2023

CRITERIOS BENEFICIARIO BECA MEC

III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA

 

Este ano o centro participa na organización, xunto con outros centros do Val Miñor,  no  III CERTAME DE POESÍA BEATRIZ DA SERRA.

Temos o pracer de comunicarvos que o noso alumnado está entre os premiados  con dúas mencións.

Á entrega de premios e diplomas de mencións  estades todos e todas convidados.

 

Será no Auditorio do Concello de Nigrán, o día 21 de xuño ás 20:00 horas, coa actuación do grupo DAKIDARRÍA.

                                    Non o podedes perder!!!

 

POEMAS PREMIADOS E MENCIÓNS

POEMAS PRESENTADOS POLO CENTRO:

POEMAS 1

POEMAS 2

                                           

 

REUNIÓNS DE FIN DE CURSO COAS FAMILIAS

Estimadas familias,

Xa se achega o final do curso e para valorar o presente curso,  achegar algunhas recomendacións para o verán e enfocar o novo curso 2022/2023, queremos ter unha reunión coas familias.

Estas reunións terán lugar o martes 21 de xuño, no lugar abaixo indicado, dependendo do nivel educativo no que se atopen os vosos fillos/as.

 

        COMEDOR          BIBLIOTECA          AULA DE NATUREZA
    16:00      1º A E B    2º A E B        3 ANOS
17:00   3º A E B    4º A E B        4 ANOS A E B
18:00   5º A E B    6º A E B        5 ANOS

 

 

 

TEATRO " O POETA DE VALDEORRAS " FLORENCIO DELGADO

No arquivo adxunto  deixámosvos a autorización para a asistencia á obra de teatro.

FESTA DA BICICLETA

https://concellodegondomar.gal/images/Cartel_web.jpg

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN

SAÍDA AO RÍO MIÑOR. DE PONTE A PONTE

Esta semana, martes e mércores, retomaremos o Proxecto Ríos coa segunda saída. Participará con todo o alumnado do centro.

Se necesitades imprimir a autorización  deixámola aquí abaixo.

 

AUTORIZACIÓN DE INFANTIL.

AUTORIZACIÓN DE 1º E 2º DE  PRIMARIA

AUTORIZACIÓN DE 3º E 4º DE  PRIMARIA

AUTORIZACIÓN DE 5º E 6º DE  PRIMARIA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut