Queridas familias,
Convocamos unha Asamblea Xeral Extraordinaria o próximo xoves día 23 de maio ás 17:45 hrs, en primeira convocatoria, e ás 18:00 hrs, en segunda convocatoria, no comedor do cole (entrada polas portas marróns de infantil).
Lembrade que, a partir de agora, tal e como se falou na asamblea anterior, enviámosvos por aquí o acta anterior para que a leades con calma e poder aprobala ou non na asamblea.
Ademáis, para os/as que non poden asistir, enviamos a delegación de voto que podedes cubrir e enviar por email para que outra persoa vos represente nas votacións (só vale para unha asamblea, se o queredes facer sempre tedes que cubrilo cos datos de cada asamblea para que teña validez).
Esperámosvos a todos/as! Moitas grazas!