Queremos recordarvos as actividades extraescolares que se llevan a cabo a través da ANPA por se vos interesa anotar aos nenos/as de cara ao segundo cuatrimestre o fagades seguindo os pasos que vos indicamos nos archivos adxuntos antes do día 26 de xaneiro no caso de piscina e antes do 31 de xaneiro no caso doutras actividades.
Recordarvos tamén que para a actividade de piscina en Valadares temos 3 prazas libres. Podedes consultar os horarios de tódalas actividades no archivo que enviamos.
Para calquera consulta, poñédevos en contacto con nós a través do whatsapp 672 998 650 ou do email pousadefontan.anpa@gmail.com
Dende o ANPA recordámosvos que se precisades dar de baixa a algún neno/a dalgunha actividade extraescolar tedes que informarnos seguindo os pasos que vos deixamos no arquivos adxuntos tendo en conta a actividade da que queredes darvos de baixa.
É importante que o fagades antes do 15 de xaneiro para poder ofertar as prazas que queden libres.
Dende o ANPA queremos convidarvos a asistir o mércores 20 de decembro ás 16:00 horas á Xornada de Portas Abertas da actividade extraescolar de teatro para desfrutar dunha pequena representación que prepararon os peques con moito agarimo na biblioteca do centro.